Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 16 Total: 34
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar os coñecementos necesarios para comprender os problemas básicos da xestión das empresas agroalimentarias nos seus aspectos organizativo, financeiro, produtivo e comercial , así como das técnicas propias da organización e direción da empresa agroalimentaria e da capacidade para analizar e diagnosticar o entorno e a propia empresa, e a elaboración e xestión de plans de negocio.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
A empresa e a cadea alimentaria. Elaboración e análise das contas anuais da empresa alimentaria. A xestión financeira . O sistema productivo. A planificación e a toma decisions na empresa alimentaria.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario e a previsión de horas
DOCENCIA EXPOSITIVA. (16 HORAS).
1.Estudo do contorno da empresa: a cadea alimentaria, como conxunto de actividades integradas de produción de materias primas, elaboración e distribución de alimentos (2horas).
2. As formas de empresas. A dinámica empresarial. Os novos modelos de coordinación e cooperación empresarial (4 horas)
3.As contas anuais da empresa e a súa análise económica e financeira (2 horas)
4.A contabilidade de custes da empresa (2 horas)
5.O plan estratéxico da empresa (2 horas)
6. Elaboración de presupostos (1 hora).
7. As bases da xestión e análise de resultados da explotación agraria (2 horas)
8. A toma en consideración do risco (1 hora).
DOCENCIA INTERACTIVA (16 HORAS).
1. Estudo do contorno da empresa
-Funcionamento da lei de mellora da cadea alimentaria (1hora)
2. As formas de empresas.
-Clasificación CNAE09 e consulta SABI (1 hora)
3. As contas anuais da empresa e a súa análise económica e financeira
-Análisis económico, financieiro e patrimonial (3,5 horas)
4.A contabilidade de custes da empresa
-Exercicios de contabilidade de custes (2 horas)
5.O plan estratéxico da empresa
-Vista dos contidos dos plan de empresa (4 horas)
6. Elaboración de presupostos
-Exercicios (1,5 horas)
7. As bases da xestión e análise de resultados da explotación agraria
-Exericicos conta de resultados e tesourería (1,5 horas) e informes de xestión (1,5 horas)
BÁSICA
-ALONSO SEBASTIAN, R. / SERRANO BERMEJO, A. (2008). Economía de la Empresa Agroalimentaria, 3ª edición. Ed.Mundi Prensa.
-BAKER G., GRUNEWALD O., GORMAN W.( 2002). Introduction to Food and Agribusiness Management. Prentice Hall
-Brossier, J., & Dent, B. (1998). Gestion des exploitations et des ressources rurales: Entreprendre, négocier, évaluer: Nex context, new constraints, new opportunities. p. INRA, Versailles, 1-436.
- FERNANDEZ SANCHEZ, E.L., JUNQUERA CIMADEVILA, B.; DEL BRIO GONZÁLEZ, J.A. (2008). Iniciación a los negocios para ingenieros. Ed. Paraninfo.
-IRURETAGOYENA M.A (2003). Contabilidad de costes. Ed. Pirámide.
- JULIA, J. F. e SERVER IZQUIERDO, R. J. (1996). Dirección Contable y Financiera de Empresas Agroalimentarias, Pirámide, Madrid,
-RODRÍGUEZ BARRIO J. E.,; RIVERA L. M. e OLMEDA M. (1990). Gestión comercial de la empresa agroalimentaria, Ed.Mundi Prensa.
- ROMERO, C., (1993). Técnicas de gestión de empresas, 3ª ed., Mundi Prensa.
COMPLEMENTARIA
- ESCANCIANO MONTOUSSE, L. e FERNANDEZ DE LA BUELGA, L., (1994). Administración de empresas para ingenieros, ed. Civitas.
-BAKER G., GRUNEWALD O., GORMAN W.( 2002). Introduction to Food and Agribusiness Management. Prentice Hall
-BOEHLJE, M. D. e EIDMAN, V. R. (1984). Farm management. John Wiley & Son, - BUCKETT, M., (1988). An introduction to farm organisation and management, 2ª ed. Pergamon Press, Oxford.
Coñecementos:
Con02. 1.2. Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría propias da súa especialidade, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título.
Con04. 1.4 Coñecemento con sentido crítico de amplio contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre os coñecementos dos distintos campos.
Habilidades / Destrezas:
H/D01. 2.1. Capacidade para analizar novos e complejos productos, procesos e sistemas de enxeñaría dentro dun contexto multidisciplinar mais amplo; seleccionar e aplicar os métodos máis adecuados de análise, de cálculo e experimentais xa estabrecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de ditos análisis.
H/D07. 4.1. Capacidade para identificar, atopar e obter os datos requeridos.
H/D15. 6.2. Capacidade para xestionar complexas actividades técnicas ou profesionais ou proxectos que requiren novos enfoques de aproximación, asumindo a responsabilidade das decisións adoptadas.
H/D19. 8.2. Capacidade para adquirir coñecementos ulteriores de forma autónoma.
Competencias
Comp01. CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos productivos desenvolvidos no sector agrario e na industria agroalimentaria, nun marco que garantice a competitividade das empresas sen olvidar a protección e conservación do medio ambiente ela mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
Comp06. CG6 - Capacidade para dirixir ou supervisar equipos multidisciplinares e multiculturais, para integrar coñecementos en procesos de decisión complejos, con información limitada, asumindo a responsabilidade social, ética e ambiental da sua actividade profesional en sintonía co entorno socioeconómico e natural na que actúa.
Comp18. CE11 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados a tecnoloxía da producción animal.
Comp24. CE17 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en lenguaxes e técnicas propias da organización e dirección da empresa agroalimentaria
Comp26. CE19 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en marketing e sistemas de comercialización de productos agroalimentarios.
Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos ao conxunto dos alumnos. Durante as sesións se animará o alumno a participar activamente nas mesmas, plantexando dubidas oa necesidade de profundizar en determinadas cuestións. (Competencias traballadas: CE19, CE17, CE11).
De maneira puntual se recurrirá a lectura de textos en lingua extranxeira e vídeos, para profundizar no coñecemento.
Resolución de casos prácticos. (Competencias Traballadas: CG1, CG6)
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre alumno e profesor, imprimendo axilidade á docencia da asignatura, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno. Competencias traballadas: CE19, CE17, CE11)
Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa.
Examen obrigatorio de carácter teórico-practico dos contidos do programa (60%). Un 10% estará vinculado a presentación do plan de empresa. Competencias avaliadas: CE11, CE17 e CE19, H/D19. 8.2.
Traballo plan de empresa (20%). Competencias avaliadas: CG1, CG6, Con 02. 1.2, Con 04. 1.4, H/D01. 2.1, H/D07. 4.1.
Exercicios encomendados durante o curso (Cadea de valor . Diferenzas sociedad anónima, limitada . Ranking empresas (SABI). Organigrama. Análisis de documentos e comentar vídeos) (10%). Competencias avaliadas: CE11, CE17, CE19, H/D07. 4.1.
Aproveitamento das prácticas (Práctica 1. Análisis económico-financieiro empresa agroalimentaria, Práctica 2. Control de custes, Práctica 3. Presupostos) (10%). Puntuación de 4,0. Competencias avaliadas: CE 17, CE19, CG1, CG6, H/D15. 6.2.
A realización de prácticas fraudulentas poden conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 70% da cualificación; o restante 20% será a presentación do traballo do plan de empresa e o 10% restante uns exercicios.
OUTROS DATOS RELEVANTES
Tanto na primeira oportunidade coma na segunda o alumno será avaliado conforme os criterios anteriores. Na segunda oportunidade se conservaran os exercicios e traballo que o alumno houbese superado. No caso de alumnos repetidores se conservarán os exercicios entregados en cursos anteriores, que se repitan no novo curso.
HORAS TRABALLO AUTÓNOMO
Lectura y preparación de temas 12; Realización de exercicios 16; prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 12; Elaboración de traballos de curso 12; Preparación de probas de avaliación 12
TRABALLO EN AULA 32
TRABALLO PERSOAL 64
AVALIACIÓN 4 HORAS.
Asistencia a todalas actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquer tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia o día.
"Materia en extinción en el curso 2024/25, sin docencia pero con derecho á evaluación con sistema especificado para estudiantes repetidores"
Iban Vazquez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Seminario I (Pav.III) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |