Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao alumno coñecementos sobre os procesos, sistemas produtivos e equipos das industrias vinícolas.
Proporcionar ao alumno os coñecementos microbiolóxicos relacionados co proceso de vinificación, o uso de cultivos iniciadores e as operacións de L+D na industria enolóxica.
A memoria verificada do título (MVT) considera para esta materia os seguintes contidos:
Sistemas de proceso dos principais tipos de vinificación. Operacións de proceso e función na industria enolóxica. Maquinaria e equipos: materiais, accionamento, rendemento, situación, acoplamento. Elección de métodos, equipos e dimensionado. Principais microorganismos de interese enolóxico: lévedos, bacterias lácticas e bacterias acéticas. Técnicas actuais de selección e desenvolvemento de cultivos iniciadores. Hixiene e desinfección na industria enolóxica.
Estes contidos desenvolveranse segundo se indica no seguinte temario:
TEORÍA (24 h)
Tema 1. Sistemas de proceso e equipos de elaboración de viños brancos e rosados: Vinificación en branco. Operacións mecánicas do tratamento da uva. O desfangado. A fermentación. Prevención da oxidación. 5 horas.
Tema 2. Sistemas de proceso e equipos de elaboración de viños tintos e claretes: Vinificación en tinto. Operacións mecánicas do tratamento da uva. O transporte da vendima. Dosificación de sulfuroso en vendima. Extracción e almacenamento dos bagazos. O encubado. Separación do viño. Fermentacións finais. 7 horas.
Tema 3. Sistemas de proceso e equipos de tratamento de viños: Crianza e envellecemento. Clarificación. Tratamentos térmicos. Estabilidade química e biolóxica. 5 horas.
Tema 4. Sistemas de proceso e equipos de filtración e embotellado dos viños: Filtración. Embotellado e enchedura. 6 horas.
Tema 5. Organización da produción. Manutención e loxística en adegas. Seguridade, hixiene e xestión medioambiental na adega. Normativa, trazabilidade e aseguramento da calidade. 1 hora.
PRÁCTICAS de laboratorio e seminarios interactivos (22 horas):
Nas prácticas e seminarios resolveranse casos prácticos e faranse una visita a una adega inscrita na D.O. Ribeira Sacra. Ademáis realizarase una práctica de elaboración de viños.
Bibliografía básica
- ALEIXANDRE, J. L., MARTÍNEZ, F. Manual de enología. Ed. Universidad Politécnica de Valencia, Valencia (1999).
- ALEIXANDRE, J. L. Vinos y bebidas alcohólicas. Ed. Universidad Politécnica de Valencia, Valencia (1999).
- HIDALGO, J. Tratado de enología (Tomos I y II). 2ª Edición. Ed. Mundi Prensa, Madrid (2011).
- MADRID VICENTE, A. Equipamiento vinícola, equipos e instalaciones en las modernas bodegas, Ed. Antonio Madrid Vicente, Madrid (2020).
- PEYNAUD, E and F.G. SPENCER, A. Knowing and making wine. Ed John Wiley & Sons. New York. 1 ª Ed. (1984)
Bibliografía complementaria
- PEYNAUD, E. Enología práctica. Conocimiento y elaboración del vino. Ed. Mundi Prensa, Madrid (1996).
- SÁNCHEZ, M.T. Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Ed. AMV Ediciones, Madrid (2003).
- RIBEREAU-GAYON, P.;DUBOURDIÉU, D.;DONECHE, B, LOUVAND, A. Handbook of Enology. Handbook of Enology, Volume 1: The Microbiology of Wine and Vinifications. Ed. John Wiley & Sons Inc. New York, 2ª Ed. (2005)
- RIBEREAU-GAYON, P.;DUBOURDIÉU, D.;DONECHE, B, LOUVAND, A. Handbook of EnologyHandbook of Enology, Volume 2: The Chemistry of Wine. Ed. John Wiley & Sons Inc. New York, 2ª Ed. (2006)
Básicas e xerais:
- Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar sistemas e procesos de produción das industrias de vinificación (CG1)
- Capacidade para deseñar, proxectar e executar as instalacións e equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas nas industrias enolóxicas (CG2).
- Capacidade para propor, dirixir e realizar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos empregados nas empresas e organizacións vinculadas á industria enolóxica (CG3).
- Capacidade para aplicar os coñecementos microbiolóxicos implicados no control da elaboración de viños na resolución de problemas dentro do ámbito da industria enolóxica (CG4).
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coas industrias enolóxicas (CB7).
Estas competencias adquírense conxuntamente con outras materias.
Transversais:
- Capacidade para o razoamento e a argumentación (CT2).
- Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica (CT3).
- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo (CT4).
- Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) (CT9).
Estas competencias traballanse nas clases, pero non se evalúan
Específicas:
- Adquirir coñecementos axeitados e a capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción das industrias enolóxicas (CE14).
- Adquirir coñecementos axeitados e a capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en equipamento e sistemas de automatización e control de procesos nas industrias enolóxicas (CE15).
- Adquirir coñecementos axeitados e a capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade, seguridade alimentaria e trazabilidade dos procesos nas industrias enolóxicas (CE16).
Docencia expositiva (presencial): Clases teóricas nas que se desenvolverán os temas do programa e aclaración de dúbidas sobre os conceptos explicados. (Competencias CG1, CG2, CB7, CT2, CT3, CE14, CE15 e CE16).
Docencia interactiva (presencial): Seminarios para realización de exercicios prácticos e resolución de dúbidas en grupo. Realización dunha viaxe de prácticas para visitar unha adega rexistrada na D. O. Ribeira Sacra. Práctica de elaboración de viños(Competencias CG1, CG2, CB7, CT4 e CT9).
Tutorias (presenciais): Resolución de dúbidas.
A distribución das horas de docencia expositiva, interactiva e titorías de ambas as partes da materia aparece detallada no horario oficial aprobado pola Xunta de Escola.
- Teoría (70 % da nota). Mediante exames parciais e finais que consistirán en probas escritas con preguntas curtas ou tipo test sobre o programa. (Competencias CG1, CG2, CT2, CT3, CB7, CE14, CE15 e CE16)
- Prácticas (20 % da nota). Mediante entrega e avaliación da memoria das mesmas.(Competencias CG1, CG2, CB7, CT4 e CT9).
- Asistencia (10% da nota).
CONTINUIDADE DA AVALIACIÓN.
A realización de exames parciais de teoría e problemas e a distribución das entregas dos traballos prácticos ao longo do curso, xunto coa valoración da asistencia aseguran unha porcentaxe de avaliación continua superior ao 50%.
Os alumnos que non poidan seguir con éxito a materia por curso deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas, vañorado sobre 10 e non se lles computará a nota por asistencia.
DISPENSA DA ASISTENCIA.
Nos tres escenarios para os alumnos que obteñan a dispensa da asistencia deberán presentarse ao exame final da materia. Este exame constará dunha parte teórica e outra de resolución de problemas relacionados coas prácticas. Cada parte puntuará un 50% do total da nota e non se lles computará a nota por asistencia..
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E ALUMNOS REPETIDORES.
Estes criterios manteranse para a convocatoria extraordinaria de Julio e para os alumnos repetidores.
REALIZACIÓN FRAUDELENTA DE EXERCICIOS E PROBAS.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación, e sen citar os autores das fontes. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
Traballo presencial:
Docencia expositiva: 9 h.
Docencia interactiva: 12 h
Titorías: 3 h.
Exame: 2 h.
Tempo de estudo e traballo persoal: 49 h.
Total: 75 h
Asistencia a todas as actividades docentes propostas neste curso
Resolución de dúbidas en horas de titorias, consultas a través da USC virtual e por correo electrónico.
Consulta de bibliografía recomendada e da asignatura virtual complementaria a través da USC virtual
Julio Gomez Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- julio.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Rafael Arbones Maciñeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- enrique.arbones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Adega (Aulario 1) |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Adega (Aulario 1) |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Adega (Aulario 1) |
16.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |