Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos da materia céntranse na formación sobre as estratexias internacionais de protección do medio natural, e as categorías mundiais de especies ameazadas e de espazos protexidos; especialmente nas categorías e criterios de conservación en Europa: rede europea Natura 2000 e Estratexia de biodiversidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Convenios internacionais: Convenio de biodiversidade, convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa, convenio de zonas húmidas de importancia internacional. Categorías mundiais de especies ameazadas. Categorías mundiais de espazos protexidos: categorías da IUCN, categorías da UNESCO. Rede ecolóxica europea de conservación da biodiversidade (rede Natura 2000).
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico (Clases expositivas):
Tema 1. Introdución. A protección do medio natural: antecedentes, xustificación e limitacións.
Convenios internacionais: Convención sobre a conservación das especies migratorias de animais silvestres. Convenio relativo á conservación da vida silvestre e do medio natural en Europa. Convenio de biodiversidade Outros Convenios internacionais. 4 horas.
Tema 2. Categorías mundiais de especies ameazadas: Categorías de risco das especies ameazadas. Categorías da I.U.C.N. Definición e criterios de avaliación. 1 hora.
Tema 3. Categorías das especies comerciais. Convención sobre Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Regulamento da CE sobre o control do comercio.1 hora.
Tema 4. Categorías mundiais de espazos protexidos: categorías da IUCN, figuras da UNESCO. Zonas húmidas de importancia internacional (Convenio Ramsar). Rede ecolóxica europea de conservación da biodiversidade (rede Natura 2000). 4 horas.
Tema 5. Estratexia europea de conservación da biodiversidade. Obxectivos e actuacións. 2 horas.
Programa práctico (Clases interactivas):
1. Prácticas
PRÁCTICAS DE CAMPO
Práctica 1: Conservación en áreas protexidas segundo Convenios Internacionais. Práctica de campo. 8 horas.
PRÁCTICAS DE AULA DE INFORMÁTICA
Práctica 2: Aplicación de criterios técnicos e normativos das categorías internacionais para a protección da biodiversidade. 2 horas.
Práctica 3: Integración territorial en áreas protexidas segundo Convenios Internacionais. 2 horas.
Bibliografía básica
Berna (1986). Convenio relativo a la Conservación de la Vida Silvestre y del Medio Natural en Europa, hecho en Berna el 19 de setiembre de 1979. BOE nº 235 de 1 octubre 1986.
Bonn (1985). Instrumento de ratificación de la Convención sobre la Conservación de las especies de Animales Silvestres, hecho en Bonn el 23 de junio de 1979, BOE 259 de 29 octubre 1985.
CBD (1992). Convenio sobre la Diversidad Biológica. New York: Naciones Unidas. Colección de Tratados de las Naciones Unidas.
CBD (2010). Plan Estratégico para la Diversidad Biológica 2011-2020. Montreal, Quebec; Convenio de Diversidad Biológica.
CE (2020). Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Regiones. Estrategia de la UE sobre la biodiversidad de aquí a 2030. Bruselas: Comisión Europea: 0.5.2020. COM (2020) 380 final.
CITES (1986). Instrumento de Adhesión de España a la Convención sobre el Comercio Internacional de Especies Amenazadas de Fauna y Flora Silvestre firmada en Washington el 3 de marzo de 1973. BOE 181, de 30 de julio de 1986.
EC (2013). The Interpretation Manual of European Union Habitats - EUR28. Bruselles: European Communities. Office for official Publications of the European Communities. Nature ENV B.3
Ramsar (2006). Manual de la Convención de Ramsar: Guía a la Convención sobre los Humedales (Ramsar, Irán, 1971), 4a. edición. Gland (Suiza). Secretaría de la Convención Ramsar.
Ramil-Rego, P. & Crecente Maseda, R. (Coord.). (2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Conselleria do Medio Rural (Xunta de Galicia) & Instittuo de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, IBADER (USC). Santiago de Compostela. 8 Vol.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.) (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Ramil-Rego, P.,Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
UICN (2001). Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. Gland, Switzerland and Cambridge: UICN.
UNESCO (1996). La Estrategia de Sevilla y el Marco Estatutario de las Red Mundial de Reservas de Biosfera. Paris: UNESCO. Secretaría General.
Bibliografía complementaria
Ramil Rego, P. et al. (2008a). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil Rego, P. et al. (2008b). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2012). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Decreto 37/2014, de 27 de marzo, por el que se declaran zonas especiales de conservación los lugares de importancia comunitaria de Galicia y se aprueba el Plan director de la Red Natura 2000 de Galicia. DOG. 61. 31/03/2014
Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299, 14/12/2007.
ONU (2015). Transformar nuestro mundo: la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible. New York: Naciones Unidas. Asamblea General.
PRIMACK, R. B., ROSS, J. 2014. Essentials of Conservation Biology. Sixth edition. Sinauer Associates. Oxford University Press.
Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE. 236. 30/09/2011.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo, nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e planos de actuación integrais no medio natural.
CG7- Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais. (Esta competencia se traballa, non se avalía).
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE18 - Coñecemento das estratexias mundiais de protección do medio natural
As clases impartiranse de maneira presencial e nelas explicaranse os contidos establecidos no programa da materia con axuda da plataforma e os medios audiovisuais que se consideren oportunos. Tomaranse as medidas hixienico-sanitarias recomendadas. Estas medidas también se tomarán nas prácticas de campo, laboratorio e na aula de informática.
A metodoloxía de ensinanza consiste en clases expositivas (desenvolvidas mediante presentacións e materiais audiovisuais) e clases interactivas (viaxe de prácticas e prácticas de aula de informática), que constitúen a docencia presencial, obrigatoria para os alumnos; así como a revisión das obras recomendadas e o esforzo individual para a realización dos informes de prácticas e dun traballo de curso, que constitúen a docencia non presencial.
Nas clases expositivas se presenta unha síntese actualizada das estratexias, convenios e categorías internacionais de protección do medio natural, con estudo especial das vixentes na UE, analizando as obrigas de conservación da biodiversidade derivadas dos mesmos.
Nas clases interactivas de prácticas realizaranse dúas prácticas de aula de informática/laboratorio e unha viaxe de prácticas a un espazo protexido de Galicia segundo convenios internacionais e/ou normativa da UE, orientada a coñecer as aplicacións dos mesmos e as actuacións de protección do medio natural.
As partes teóricas e prácticas complementaranse coa elaboración dun traballo individual, que deberá incluir a revisión e cita de artigos científicos en inglés, ilustrando a integración das actuacións de protección do medio natural coas políticas e actividades ligadas ao desenvolvemento local.
Os contidos desenvolvidos durante as clases expositivas e interactivas complementaranse con materiais que quedarán a disposición dos alumnos no espazo reservado para esta materia dentro da Aula Virtual.
Realizarase un seguimento da asistencia e participación na docencia presencial.
Para superar a materia, é preciso superar as tres partes, teoría , prácticas e traballo. O sistema de avaliación, as competencias avaliadas e o peso na cualificación é o seguinte (primeira e segunda oportunidade, tamén para os alumnos repetidores):
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas : CB7, CB8, CB9, CB10, CT12, CE18 50%
Traballos entregados e/ou expostos. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE18 15%
Informes entregados e/ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas : CB8, CB9, CT2, CT6, CT9, CT10, CE18 25%
Asistencia e participación do alumnado nas actividades presenciais. Competencias avaliadas: CT1, CT2, CE18 10%
No caso dos alumnos con dispensa de asistencia concedida, para aprobar esta materia é obligatoria la asistencia ás actividades interactivas programadas no horario de clases e dacordo coa guía docente. Os alumnos deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e/ou segunda oportunidade para realizar a proba escrita sobre os contidos de teoría da materia.
Proba/s escrita ou oral. Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, CB10, CT12, CE18. Peso na cualificación: 60%.
Traballos entregados ou expostos. Competencias avaliadas: CB8, CB9, CG2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE18. Peso na cualificación: 25%.
Informes entregados ou expostos e aproveitamento das prácticas. Competencias avaliadas:CB8, CB9, CT2, CT6, CT9, CT10, CE18 . Peso na cualificación: 15%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Horas presenciais:
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Titorías: 3 hora
Actividades de avaliación: 3 horas
Total presenciais: 27 horas
Traballo persoal do alumno:
Lectura e revisión dos temas: 20 horas
Realización de exercicios: 5 horas
Preparación previa e elaboración dos informes de prácticas : 6 horas
Elaboración do traballo: 8 horas
Outras actividades (traballo en grupo,...): 3 horas
Preparación de probas de avaliación: 6 horas
Total horas non presenciais: 48 horas
Total horas de Traballo do alumno = 75 horas
Recoméndase que os alumnos fagan un seguimento da materia no Campus Virtual, para poder acceder a materiais das clases expositivas e interactivas, así como á documentación complementaria, notificacións e cualificacións.
Tamén se recomenda o estudo diario, para poder integrar axeitadamente os contidos da materia.
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito á avaliación co
sistema especificado para estudantes repetidores.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade