Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivo xeral.-
Estudo dos elementos necesarios para adquirir os coñecementos e habilidades que permitan desenvolver unha xestión sostible do territorio desde unha visión multidisciplinar e integrada.
Obxectivos específicos.-
Lograr unha formación especializada no ámbito da Ordenación e Xestión do Territorio, a nivel nacional, rexional e local, co fin de formar profesionais capaces de desenvolver correctamente dita tarefa. A materia aborda o estudo en profundidade da problemática teórica e práctica dos procesos de desenvolvemento territorial e urbanístico, caracterizada pola súa complexidade e dinamismo. Dado seu carácter multidisciplinar combináranse as perspectivas, teorías e métodos de traballo de varias disciplinas que conflúen na Ordenación e Xestión Territorial: urbanismo, arquitectura, economía rexional, xeografía física e económica, socioloxía urbana,…
A memoria do título contén os seguintes contidos: Marco lexislativo. Principais escolas de planificación territorial. Planificación territorial e propiedade. Planes de ordenación do territorio e de espazos singulares (zonas de montaña, costeiras, espazos naturais). Xestión de terras para a ordenación e xestión territorial integral. Ordenación territorial e redución e xestión de riscos. Ditos contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Programa teórico
I. Introdución. Concepto e obxectivos. Marco lexislativo
1) Introdución. Concepto, obxectivos e historia da Ordenación Territorial. Características. Tempo: 1 hora.
2) Marco lexislativo e bases xurídicas (internacional, nacional, rexional e local). Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de Galicia. Tempo: 2 horas.
II. Fundamentos técnicos e económicos
3) Planificación Territorial e réxime de propiedade: Estratexias de intervención territorial. Tempo: 1 hora.
4) Toma de decisións na Ordenación e Xestión Territorial. Análise de inversións. Avaliación da actuación territorial: Ordenación Territorial, redución e xestión de riscos. Tempo: 2 horas.
5) Modelos de Xestión: Planes de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares. Tempo: 1 hora.
III. Estrutura e contido dun Plan de Ordenación do Territorio (POT)
6) Normativa e Directrices da Ordenación Territorial. Aspectos máis relevantes e revisións. Tempo: 1 hora.
7) Planes de Ordenación do Territorio e de Espazos Singulares: zonas de montaña, costeiras e espazos naturais. Tempo: 1 hora.
8) Xestión de terras para a Ordenación e Xestión Territorial e Integral. Tempo: 1 hora.
IV. Modelos de Ordenación Territorial mediante Programación Matemática
9) Fundamentos de programación lineal. Tempo: 1 hora.
10) Instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial. Tempo: 1 hora.
Programa práctico
I. Normativa e Directrices da Ordenación e Xestión Territorial
1) Orixe e evolución dos Planes de Ordenación do Territorio. Estrutura dun Plan de Ordenación Territorial. Tempo: 2 horas.
II. Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de Galicia
2) Planes Territoriais Integrados. Programas Coordinados de Actuación. Planes e Proxectos Sectoriais. Planes de Ordenación do Medio Físico. Programas ou Estratexias orientadas en coherencia coas determinacións das DOT. Tempo: 2 horas.
III.- Traballo práctico
Obxectivos e contido.-
Estudo e análise dun Plan de Ordenación Territorial. Valorar se a posta en marcha do POT acadou unha xestión sostible do territorio.
- Marco lexislativo
- Avaliación da actuación territorial, redución e xestión de riscos.
- Modelo de Xestión: outras posibilidades.
- Instrumentos e técnicas de actuación territorial utilizadas.
- Aspectos críticos
- Resultados máis relevantes e discusión
- Conclusións
- Bibliografía
Tempo: 4 horas
IV. Viaxe de prácticas, obrigatorio e avaliable. Tempo: 4 horas.
Bibliografía básica
Benabent, M. (2006). La Ordenación del Territorio en España: Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Ed. Universidad de Sevilla, Consejería de Obras Públicas y Transportes: Sevilla, 455 pp.
Bielza de Ory, V. (2008). Introducción a la Ordenación del Territorio: Un enfoque geográfico. Prensas Universitarias de Zaragoza: Zaragoza, 274 pp.
Cooke, P. et al. (2012). Innovation, Global Change and Territorial Resilience. Elgar Publishing: London, 352 pp.
Detterbeck, K., Hepburn, E. (Eds.) (2018). Handbook of territorial politics. Edited by Klaus Detterbeck & Eve Hepburn. Edward Elgar: Cheltenham, UK, 419 pp.
Gómez Orea, D. (2008). Ordenación Territorial. Editorial Mundi-Prensa: Madrid.
Haughton, G. et al. (2010). The new spatial planning : territorial management with soft spaces and fuzzy boundaries. Routledge: London, 276 pp.
Neil, A., Cotella, G., Nunes, R. (Eds.) (2013). Territorial development, cohesion and spatial planning: knowledge and policy development in an enlarged EU. Edited by Neil Adams, Giancarlo Cotella & Richard Nunes. Routledge, Taylor & Francis Group: London & New York, 457 pp.
Pujadas, R., Font, J. (1998). Ordenación y Planificación Territorial. Ed. Síntesis: Madrid, 399 pp.
VV.AA. (2010). El estado de la Ordenación del Territorio en España. Revista Cuadernos Geográficos 47. Universidad de Granada: Granada.
Bibliografía complementaria
Borderías, P., Santos Preciado, J.M. (2001). Introducción al Análisis Medioambiental de un territorio. UNED: Madrid.
Busquets, J., Cortina, A. (Coords.) (2009). Gestión del paisaje: Manual de Protección, Gestión y Ordenación del Paisaje. Editorial Ariel: Barcelona.
Emelianoff, C. et al. (2009). Dictionnaire de l’aménagement du territoire. État des lieux et prospective. París, 317 pp.
Feria Toribio, J.M., García García, A., Ojeda Rivera, F.J. (Coords.) (2009). Territorios, Sociedades y Políticas. Universidad Pablo Olavide: Sevilla, 548 pp.
Frémont, A. et al. (2008). Aménagement du territoire. Changement de temps, changement d’espace. Presses Universitaires de Caen: Caen, 382 pp.
Galiana, L., Vinuesa, J. (2010). Teoría y práctica para una Ordenación racional del Territorio. Ed. Síntesis: Madrid.
Martínez de Anguita, P., García Abril, A., Romero Calcerrada, R., Martín, M.A., Pedroche Carmona, B., Gómez Jiménez, I. (2005). Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. Universidad Rey Juan Carlos I: Madrid.
Farase uso da documentación e información recollida no BLOG: Xeografía e Ordenación do Territorio. En defensa da cultura territorial: http://geografiayterritorio.blogspot.com
Normativa
- Real Decreto 2/2008, del 20 de junio, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Suelo.
- Real Decreto 1492/2011, del 24 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento de valoraciones de la Ley del Suelo.
- Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia.
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.
- Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral.
- Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio en Galicia.
- Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza de Galicia.
- Lei 7/2008, do 7 de xullo, de Protección da Paisaxe de Galicia.
- Convenio Europeo del Paisaje, aprobado en Florencia el 20 de octubre de 2000 a propuesta del Consejo de Europa, entrando en vigor el 1 de marzo de 2004.
Coñecer os principios e as utilidades da Planificación e a Ordenación do Territorio; Coñecemento da principal lexislación; Capacidade para que os alumnos podan aplicar as técnicas de Planificación e Ordenación Territorial; Coñecemento da estrutura e contido dun Plan de Ordenación do Territorio; Criterios e indicadores de Xestión Territorial Sostible; Utilización de ferramentas de toma de decisións na Ordenación Territorial.
Competencias básicas (B), xerais (X) e transversais (T)
CB6 - Ter e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidades de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos adquiridos e teñan capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa a súa área de estudo.
CX2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implantar e interpretar proxectos e planes de actuación integral no medio natural.
CX7 - Capacidade para el desenvolvemento de políticas forestais.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
CE5 - Coñecemento e capacidade para deseñar planes de desenvolvemento integral sostible de comarcas forestais. Desenvolvemento de indicadores de xestión.
CE6 - Capacidade para deseñar e realizar planes de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
CE7 - Capacidade para deseñar e realizar planes de Ordenación do Territorio, áreas de montaña e zonas costeiras.
Materia obrigatoria de 3 créditos ECTS correspondente ao primeiro semestre do Máster en Enxeñaría de Montes. A parte teórica, impartírase mediante docencia expositiva (clases maxistrais), con apoio de medios audiovisuais, nas que se explicarán os contidos básicos de forma que sexa posible unha participación activa do alumnado. Tamén resolvéranse exemplos de exercicios teórico-prácticos como aplicación dos coñecementos adquiridos. As competencias que se traballan na parte teórica son: CB6, CB7, CT1, CT2, CT5, CT6, CT10 e CT11.
As prácticas a realizar durante o curso (docencia interactiva), son de carácter obrigatorio, e axudaran ao alumnado a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos, tamén obrigatorios, que os alumnos deben realizar e, no seu caso, expoñer, facilitaran e reforzaran a aprendizaxe dos contidos teóricos. Nos dous casos, prácticas e traballos prácticos, os temas versaran sobre o análise individualizado, ou ben, en grupos, de distintos territorios, onde estanse a desenvolver proxectos de Ordenación Territorial con obxectivos diferentes. Tamén realizarase unha viaxe de prácticas, obrigatoria e avaliable, mediante a presentación dun informe do mesmo. Temos que ter en conta que a posta en funcionamento de calquera proxecto de Ordenación Territorial persigue fundamentalmente potenciar o uso sostible do territorio. As competencias que se traballan na parte práctica da materia son: CB6, CB7, CX2, CX7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT10, CT11, CE5, CE6 e CE7. Finalmente, nas titorías, individuais e/ou en grupos, resolvéranse todas as dúbidas que podan xurdir.
Toda a información sobre a materia, así como, os recursos empregados, enlaces web, foros para debates, exercicios para o aprendizaxe, e posibles novidades, estarán dispoñibles no Campus Virtual. Tamén, habilitarase un espazo nel, para a entrega dos traballos.
A parte teórica da materia avaliarase mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro e que será necesario aprobar para superar a materia. As prácticas, incluído a viaxe de prácticas, son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar, aprobar e expoñer os traballos prácticos que se propoñan durante o curso. O cómputo de cada unha das partes é o seguinte (porcentaxe na cualificación; competencias):
Asistencia e participación: 10%
Probas escritas: 40%; CE5, CE6, CE7, CT1, CT2 e CT6
Traballos entregados e/ou expostos: 50%; CB6, CB7, CX2, CX7, CT5, CT6 e CT7
Estas ponderacións manteranse para a primeira e a segunda oportunidade, así como para o alumnado repetidor e ao que se lle conceda a dispensa de asistencia.
No caso do alumnado repetidor, poderán validar as prácticas e manter a cualificación da avaliación continua do curso anterior.
Con respecto á dispensa de asistencia, poderá concederse soamente para as clases expositivas, polo que o alumnado deberá realizar as prácticas e a viaxe de prácticas.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten una carga de 3 ECTS. Isto supón un total de 75 horas computables, das cales 25 son presenciais, 2 de realización do exame e 48 correspóndense co traballo persoal do alumno:
a) Distribución da docencia presencial
12 h clases expositivas
12 h clases interactivas
1 h de titorías individuais
b) Traballo persoal do alumno. En total, o alumno debe dedicar 48 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos:
24 h de estudo da docencia expositiva
12 h de preparación e realización de prácticas e traballos
12 h de realización de exercicios individuais ou en grupo
O alumno vai cursar unha materia que consiste na aplicación de diferentes instrumentos e técnicas de actuación territorial: Sistemas de Información Xeográfica (SIX); Metodoloxías de diagnóstico e análise territorial (elaboración de proxectos, análise estratéxico,...), co obxectivo de lograr unha Xestión Sostible do Territorio. O concepto de Ordenación Territorial poderíase trasladar tamén á Xestión de Espazos Singulares: zonas de montaña, costeiras e espazos naturais. Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, así como, a consulta das dúbidas nas titorías. Tamén é moi importante completar os contidos das clases mediante a consulta da bibliografía. É moi recomendable realizar a exposición en clase de algúns dos traballos prácticos.
"Materia en extinción no curso 2024/25, sen docencia pero con dereito á avaliación co sistema especificado para estudantes repetidores."
Ignacio Javier Diaz-Maroto Hidalgo
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ignacio.diazmaroto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade