Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 17 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo fundamental desta materia é familiarizar ao alumnado cos conceptos básicos relacionados ca xestión económica da auga. Para tal fin, o estudo dos modelos teóricos propostos serán combinados con casos prácticos.
Bloque 1: Conceptualización
1. Conceptualización: a auga como recurso renovable, pero escaso
a. o ciclo da auga
b. usos da auga
c. escasez absoluta e relativa
2. Conceptualización: dereitos sobre a auga e mercados incompletos
a. Dereitos de uso
b. A traxedia dos común
c. Novas fórmulas de xestión: Os mercados da auga
3. Conceptualización: valor, prezo e custo da auga
a. O valor económico da auga
i. Marco conceptual
ii. Metodoloxías básicas da aproximación: precio de mercado, coste alternativo, danos evitados …
b. O prezo da auga
i. Sistemas tarifarios na Lei de Augas
ii. Tipos de tarifas en función do uso
c. O custo da auga
i. Custo fixo, variable, e marxinal
ii. Custos segundo os recursos utilizados: recursos superficiales, subterráneos, desalación, reciclaxe…
Bloque 2: Aplicacions práticas
a. Fases de evalación económica dun proxecto
b. Taxa de desconto
c. Análise custo-beneficio: VAN, TIR, e relación B/C
d. Análise multicriterio
e. Outros indicadores
Bibliografía básica
Griffin, R. Water Resource Economics: The Analysis of Scarcity, Policies, and Projects. MIT Press. 2016
Selección de artigos que será entregada a principio de curso.
Competencias
As competencias da titulación as que contribúe a materia son as seguintes: a) saber comunicar información, ideas e problemas de solución a cuestións de índome económica tanto a un público especializado coma non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma os medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na economía; b) obter os coñecementos xerais da economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía da auga e noutras áreas relacionadas, con algo grado de autonomía; c) capacidade de análise e síntese; d) coñecementos da tecnoloxía de información relativos ao ámbito de estudo; e) capacidade de razoamento crítico; e) autonomía na aprendizaxe; f) sensibilidade cara problemas sociais e ambientais; e g) estimulacion intelectual.
O alumnado desenvolverá competencias propias da materia en fundamentalmente catro areas básicas: a) diferenciación entre crecemento económico e desenvolvemento económico sostible; así coma conceptos claves tales como a equidade interxeneracional, intraxeneracional e dimensións sociais da sustentabilidade; b) contribuír a boa xestión da asignación dos recursos, en especial no ámbito público; c) Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación ca asignación dos recursos, en especial no ámbito público; d) aportar racionalidade a análise e a descrición do desenvolvemento económico e as súas consecuencias.
CON1 Describir os principios, conceptos e dimensións que comprende a xestión integrada dos recursos hídricos, e o seu papel como ferramenta clave para acadar a seguridade hídrica e avanzar na consecución dos ODS asociados. Identificar os problemas relacionados co desenvolvemento, uso e acceso á agua. Identificar e comparar a lexislación en materia de augas, no ámbito europeo, estatal, autonómico e local, así como interpretar os marcos conceptuais sobre desenvolvemento sustentable e a súa aplicación ó ámbito da auga, cunha focalización específica nos ODS. Proporcionar as ferramentas para explicar a economía da auga. Enumerar os aspectos de fiscalidade pública que poidan ser relevantes na xestión da auga.
HAB1 Empregar e comparar a lexislación en materia de augas e os marcos conceptuais en materia de desenvolvemento sustentable. Operar con ferramentas que permitan estimar as variables económicas (macro e micro) vinculadas á auga, e empregar as ferramentas para aplicar unha adecuada fiscalidade e política de costes á auga.
COM1 Validar, xulgar e adaptar para unha situación concreta a lexislación en materia de augas. Sintetizar as variables económicas que interveñen nun problema vinculado coa xestión da auga. Adaptar os marcos conceptuais, en particular os ODS, a un problema concreto.
A metodoloxía do ensino caracterízase pola combinación de estudos teóricos mesturados con exemplos práticos, xunto con simulacións en Excel. A participación do alumnado é fundamental para o bo desenvolvemento do curso. Haberá lecturas de carácter obrigatorio.
O sistema de avaliación da materia estará baseado en dous tipos de requisitos diferentes:
a) A proba final, consistente nun exame escrito no que deben darse resposta a catro cuestións referentes aos coñecementos incluídos no programa, que se celebrará na data establecida oficialmente polo centro;
b) A realización das actividades que serán propostas gradualmente ao longo das sesións teóricas e prácticas da materia, incluíndo a lectura de certos textos selecionados.
A nota final terá en conta estes dous requisitos antes mencionados, cun peso do 50% da evaliación continua, e o 50% restante da calificación total virá dada polo exame final. Estes criterios tamén serán aplicados nas convocatorias extraordinarias.
Os alumnos que non se presenten á proba final -requisito (a)- recibirán a cualificación de “Non presentado”.
A nota da avaliación conservarase para a convocatoria de setembro, pero non para cursos académicos posteriores.
Esta materia ten 3 créditos, cuxas horas serán divididas da seguinte maneira: a) 1 hora de titorías; 2) 6 horas de clase expositiva, e 3) 17 horas interactivas. O traballo por conta do alumnado estímase en 51 horas.
Recomendacións para o estudo
Recoméndase a asistencia á clase. O coñecemento básico de ferramentas estatísticas e lingua inglesa son necesarios para o bo aproveitamento do curso.
Maria Luz Loureiro Garcia
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811674
- Correo electrónico
- maria.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
15:00-16:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Venres | |||
15:00-16:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
22.04.2025 15:00-19:50 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
22.04.2025 15:00-19:50 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |
22.04.2025 15:00-19:50 | Grupo /CLIL_01 | Aula A8 |
23.06.2025 15:00-16:50 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |