Ir o contido principal

Aberta ata o 10 de marzo a sexta convocatoria Seed Funding de EUniWell

A avaliación de propostas comezará o 15 de marzo e o comité de selección finalizará as decisións de financiamento a finais do mes de abril. Cartel da convocatoria
A avaliación de propostas comezará o 15 de marzo e o comité de selección finalizará as decisións de financiamento a finais do mes de abril. Cartel da convocatoria
A presentación de propostas está aberta a toda a comunidade universitaria. Os proxectos innovadores seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade Europea do Benestar EUniWell, na que se integra a USC, lanza a sexta convocatoria Seed Funding, un programa de financiación que persegue que persoal investigador, profesorado, estudantado e persoal administrativo de toda a Alizanza EuniWell poñan en marcha proxectos colaborativos que melloren, de xeito diverso e significativo, o benestar na academia e na sociedade. Esta sexta convocatoria de propostas estará aberta ata o 10 de marzo de 2024.

Cada proxecto innovador pode recibir unha subvención máxima de 25.000 euros, que se distribuirá entre os diferentes socios do proxecto. As iniciativas seleccionadas en convocatorias anteriores poden consultarse na páxina de EUniWell. A avaliación de propostas comezará o 15 de marzo e o comité de selección finalizará as decisións de financiamento a finais do mes de abril.

Sesións informativas

Están programadas dúas sesións informativas de Zoom para axudar ás persoas interesadas no proceso de solicitude. Serán o martes 6 de febreiro de 2024, de 12.00 a 13.30 horas; e o mércores 21 de febreiro, en idéntico horario. Nestas sesións, as persoas participantes terán a posibilidade de compartir as súas ideas de proxecto, conectar con posibles colaboradores e resolver calquera outra dúbida relacionada coa convocatoria. As consultas poden dirixirse ao enderezo contactform [at] euniwell.eu (contactform[at]euniwell[dot]eu)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2024.