Ir o contido principal

Transition from linear to circular: Policy and Innovation (R2PI)

Financiamento: Horizonte 2020

Datas: 2016-2019

Logotipo do Proxecto R2PI

R2π – tRansition from linear 2 circular: Policy and Innovation ou Transición da economía lineal á circular: políticas e innovación, é un Proxecto de tres anos, correspondente á temática medioambiental de Horizonte 2020 (H2020). R2π (a R representa o radio mentras que π simboliza o círculo) comezou en decembro de 2016 e finalizará en novembro de 2019 cun financiamento total de 3 millóns de euros.

R2π busca a forma de pasar do concepto xeral de Economía Circular (EC) ao de Modelos de Negocio da Economía Circular (CEBM, polas súas siglas en inglés) buscando fallos de mercado e fallos nas políticas que dificultan a implementación, uso e aceptación dos CEBMs. A singularidade do proxecto R2π radica nunha forte orientación empresarial que vai máis alá de obxectivos medioambientais e en examinar o papel de ferramentas empresariais (innovadoras) e paquetes de políticas para promover os CEBMs.

O obxectivo do proxecto R2π é poñer de manifesto modelos de negocio sustentables para a economía circular e propoñer “paquetes de políticas” que apoien eses modelos de negocio. Para iso analizaranse una cantidade importante de estudos de caso que abarquen diferentes sectores e países, seguido dunha análise cuantitativa. O coñecemento acumulado permitirá aos socios do proxecto identificar as mellores prácticas y desenvolver o “conxunto de ferramentas R2π” e as directrices de políticas de apoio para os empresarios e responsables de políticas.

O consorcio de R2π está formado por 15 socios de 9 Estados Membro e países asociados. Inclúe tres grupos de organizacións: expertos do sector empresarial, organismos públicos así como think tanks e centros de investigación. O coordinador do proxecto é o Collaborating Centre on Sustainable Consumption and Production (CSCP) de Alemaña.

O Grupo ICEDE, da Universidade de Santiago de Compostela, será o líder do workpackage ou paquete de traballo número 4: Análise dos estudos de caso, que se centrarán nos Modelos de Negocio da Economía Circular (CEBM).

Este documento foi elaborado coa axuda financeira da Unión Europea. O contido deste documento é responsabilidade exclusiva do Consorcio R2π e en ningún caso pode considerarse que reflexe a posición da Unión Europea.

Foto de grupo

This project (R2PI) has received funding from the European Union’s Horizon 2020 research and innovation programme under the grant agreement No 730378

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2024.