Actividade organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC
Da man de Martin Pawley e da Agrupación Astronomía Ío, neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Se a meteoroloxía acompaña, saíremos ao parque para poñermos en práctica os coñecementos adquiridos.
Data sábado 25 de xaneiro
Horario 17.30 horas
Idade adultos e familias (nenos/as a partir de 8 anos)
Prezo de balde, previa inscrición
Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com). Prazas esgotadas. Lista de agarda aberta.