Unha mostra para descubrir o mundo da mineraloxía científica desde unha perspectiva
didáctica e creativa

A 2ª edición da exposición 'Minerais. Ver o Invisible. De Haüy á ermeloíta' achega á sociedade unha nova perspectiva da investigación mineralóxica que se desenvolveu e se desenvolve en Galicia. Promovida pola Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, abriu as súas portas o martes 26 de marzo nas salas propio museo.
En 'Minerais. Ver o Invisible. De Haüy á ermeloíta' o pasado aparece en forma de homenaxe ao investigador do século XVII René Just Haüy, considerado un dos fundadores da cristalografía e mineraloxía modernas e a quen se dedicou o Ano Internacional Mineralóxico 2022. O presente móstrase nunha escolma de resultados realizados con modernas técnicas de análise mineralóxica e coa presentación do novo mineral galego, a ermeloíta, que quedará depositada de forma permanente no MHN. Este é o terceiro mineral descuberto en Galicia, tras a morenosita e a cervantita, descritos a mediados do século XIX.
O novo mineral foi descuberto no monte Ermelo en 2022 polos investigadores da USC Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez García e Manuel Cerviño Fervenza e foi estudado cientificamente por persoal técnico da Área de Infraestruturas de Investigación da Vicerreitoría de Política Científica da USC. Tras o seu achado, arrancou un proxecto divulgativo conxunto entre a Área de Infraestruturas de Investigación e o Museo de Historia Natural da USC, que abrangue o período 2022-2026, diferentes actividades divulgativas de mineraloxía científica (obradoiros, saídas ao campo e conversas) orientadas a diversos públicos con grande éxito de asistencia. Este esforzo de difusión pódese apreciar nesta 2ª edición da exposición que reemplaza á 1ª edición que tivo lugar no Salón do Artesoado do Pazo de Fonseca o pasado verán de 2023.
A exposición poderá ser visitada de balde con horario de 10 a 14 e de 16.30 a 20 horas, de martes a sábado, domingos e festivos de 11 a 14 horas.











