
As rochas paleozoicas de Galicia son o resultado de complexos procesos xeológicos que culminaron na oroxenia Varisca, un evento tectónico crucial que tivo lugar hai 300 millóns de anos. Durante o Paleozoico, a rexión experimentou a acumulación de sedimentos mariños e certa actividade volcánica, que deron orixe a unha variedade de rochas sedimentarias e metamórficas. A oroxenia Varisca, causada pola colisión de placas continentais, provocou o pregamento e fractura destas rochas, así como a intrusión de grandes masas de granito, dando forma á paisaxe galega actual.
Nesta charla tratarase a orixe de Galicia e o seu papel na formación de Panxea. Diferenciaranse as rochas paleozoicas e a súa evolución na tectónica Varisca, explicando os procesos xeológicos que as formaron e deformaron posteriormente. Tamén se describirá a división en zonas xeolóxicas e a súa correlación con outras zonas do Varisco Europeo.
A xeóloga ponente, Irene Pérez Cáceres, e doutora en Ciencias da Terra, foi docente nas Universidades de Granada e Salamanca e na actualidade é Responsable da Oficina Técnica da Cámara Oficial Mineira de Galicia.
Data sábado 26 de abril
Horario 11.30 horas
Idade adultos
Prezo de balde, previa inscrición
Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)
