Ir o contido principal
  • USC

Asociación de Amigos do MHN

Convocada a quinta edición do Concurso de Fotografía da Natureza

V Concurso de Fotografía da Natureza
V Concurso de Fotografía da Natureza
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, en colaboración coa Facultade de Bioloxía da USC, convoca este certame baixo o tema: “Litoral galego: belezas e desastres”, unha ollada tanto ás belezas naturais como ás agresións que amosa a nosa costa.

A beleza e os problemas ambientais do litoral galego, desde unha perspectiva estética ou de denuncia, é o tema que deberán tratar as obras que concorran á quinta edición do Concurso de fotografía da natureza. Esta actividade está promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC en colaboración coa Facultade de Bioloxía e aberta a persoas afeccionadas e profesionais da fotografía, sen límite de idade.

As obras deben ser fotografías orixinais e propias da persoa que acredite a súa autoría, presentaranse en formativo dixital (mínimo 150 ppp e 2000 px no lado máis longo), permitíndose o revelado pero non as fotomontaxes. As bases do concurso recollen igualmente que en relación ás naturezas retratadas quedará prohibido alterar o comportamento de animais ou modificar os hábitats captados nas imaxes.

Cara participante poderá enviar ata dúas fotografías inéditas e non premiadas noutros concursos, incluíndo un arquivo PDF no que se especificará o título e lema da obra; nome completo da persoa autora; enderezo, teléfono e correo electrónico; e o anexo I, en relación á cesión de dereitos e protección de datos debidamente cuberto. As propostas enviaranse por correo electrónico a amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com) antes das 23.59 horas do 31 de maio de 2025.

Cartel do concurso
Cartel do concurso
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2025.