Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Adquirir, comprendéndoos e valorándoos criticamente, os coñecementos que se presentan nos bloques de contido deste programa.
2) Integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención adaptados á diversidade, avaliables e verosimilmente eficaces, destinados a escolares con Dificultades na Aprendizaxe Específicas.
BLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introducción ao estudo das dificultades de aprendizaxe escolar
BLOQUE II. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE EN LENGUAJE ESCRITO
2. Dificultades na exactitude lectora e ortográfica
3. Dificultades na fluidez lectora
4. Dislexia- Disortografía
5. Dificultades na comprensión lectora e composición escrita
6. Dificultades na calidade da letra. Disgrafía
BLOQUE III. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE EN MATEMÁTICAS
7. Dificultades en matemáticas. Discalculia
BÁSICA:
Martínez, J. (2023). Enseñar matemáticas a alumnos con necesidades educativas especiales (4ª ed.). Wolters Kluwer.
Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. CEPE.
Suárez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Pirámide.
Suárez, A. (2011). Diagnóstico pedagógico. Diagnóstico de las competencias en lenguaje verbal escrito y matemáticas en educación primaria. La Muralla.
COMPLEMENTARIA:
Aguilera, A. (2004). Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. McGraw-Hill.
Alvarado Gordillo, M. (1988). La disgrafía escolar (Escala gráfica. Tratamientos correctivos). Disgrafos.
Asociación Americana de Psiquiatría. (2024). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5-TR texto revisado (5ª ed.). Editorial Médica Panamericana.
Baroody, A. J. (1988). El pensamiento matemático de los niños. Un marco evolutivo para maestros de preescolar, ciclo inicial y educación especial. MEC/Visor.
Defior, S., Serrano, F. & Gutiérrez, N. (2015). Dificultades específicas de aprendizaje. Síntesis.
Fernández Baroja, F., Llopis, A. M., & Pablo, C. (1991). Matemáticas básicas: dificultades en el aprendizaje y recuperación. Santillana/Aula XXI. Fiuza, M. J., & Fernández, M.P. (2014). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Manual Didáctico. Pirámide.
González Valenzuela, M. J. (Coord.) (2012). Prevención de las dificultades de aprendizaje. Pirámide.
Maruny, LL., Ministral, M., & Miralles, M. (1995). Escribir y Leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. MEC/Edelvives.
Miranda, A., Fortes, C. & Gil, M. D. (2000). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. Un enfoque evolutivo. Aljibe.
Miranda, A., Vidal-Abarca, E., & Soriano, M. (2002). Evaluación e Intervención Psicoeducativa en Dificultades de Aprendizaje. Pirámide.
Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Lebón.
Outón, P. (2010). ABC Dislexia b, d, p, t (Cuaderno del profesor y cuaderno de actividades del alumno). TEA.
Suárez, A. (1995). Dificultades en el Aprendizaje. Un modelo de diagnóstico e intervención. Santillana.
Suárez, A. (2004). Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (Ed.), Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad (pp. 289-313). Pearson/Prentice Hall.
Teruel, J., & Latorre. A. (2014). Dificultades de aprendizaje. Intervención en dislexia y discalculia. Pirámide.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/o grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG7 - Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e
labores nos que participan.
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas.
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións.
CT6 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das
realidades afectadas pola súa práctica.
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.3 - Diagnosticar as necesiddes educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE1.5 - Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adapados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
CE5.1 – Asesoramento a persoas e/o grupos nos procesos educativos e formativos.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión e valoración crítica dos contidos da materia. Está deseñada con catro módulos diferenciados, pero estreitamente interrelacionados entre si: clases expositivas, clases interactivas, atención na titoría e traballo autónomo.
As clases expositivas levaranse a cabo con todo o grupo de alumnos da materia. Nelas introducirase, fundamentaranse e desenvolveranse os contidos teóricos da materia, achegando ao alumno/a aos fundamentos científicos do campo para a posteriori poder interpretar e valorar criticamente a información tanto na elaboración de traballos teóricos como prácticos. Acompañaranse de debates e materiais audiovisuais que sirvan de elementos dinamizadores e exemplificadores dos contidos abordados e contribúan á consecución das competencias pertinentes.
As clases interactivas levaranse a cabo en grupos reducidos. O alumnado traballará os contidos expostos a través de distintas actividades prácticas: análise de informes de dificultades na aprendizaxe en función das distintas perspectivas de estudo, valoración dunha composición escrita ou lectura oral dun escolar con dificultades, planificación dunha sesión de traballo cun escolar con dificultades nas matemáticas, deseño dun programa de mellora da linguaxe escrita. Ademais de profundar en contidos específicos, fomentarase a súa implicación en debates e tarefas grupais e promoverase o pensamento crítico e a toma de decisións.
A atención na titoría poderá ser individual ou en pequenos grupos. Pretende dar resposta ás necesidades específicas do alumnado, ofrecendo as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como a realización dun seguimento e avaliación continuada, tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique e a realización das actividades sinaladas nas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudo e como medio de comunicación co alumnado, tanto de modo individual como grupal. Poderase utilizar algunha outra ferramenta accesible na plataforma para a realización das actividades prácticas.
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
A avaliación terá primariamente un propósito formativo con base na observación das actividades individuais e grupais do alumnado, así como na súa participación nas clases e titorías.
Para a cualificación final do alumno/a terase en conta:
- A participación nas sesións de clase (expositivas e interactivas): 10% da cualificación.
- A realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora: 40% da cualificación. Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
- A proba individual final: 50 % da cualificación
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado que teña concedida exención de docencia oficial ou dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto coa profesora da materia para ter unha titoría presencial nos quince días seguintes da concesión da exención/dispensa para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia, con excepción da participación nas distintas actividades de clase (que no se terán en conta para a avaliación). No seu caso, a cualificación procederá da realización dos traballos solicitados pola profesora (cun peso dun 50%) e a proba individual escrita (cun peso dun 50%).
Constituirán criterios sobresaíntes de avaliación os seguintes: relevancia, coherencia, realismo e pragmatismo do discurso producido polo/a estudante. A reprodución memorística non se aceptará como evidencia da comprensión da materia.
O tempo total do traballo do alumno/a nesta materia será de 150 horas, desagregadas así:
Presenciais: 48 horas.
Avaliación: 2 horas.
Titorías: 3 horas.
Traballo persoal do alumno: 97 horas.
Tempo estimado total: 150 horas.
. Para cursar esta materia se aconsella que o alumnado teña coñecementos previos das materias de Psicoloxía do Desarrollo, Orientación Educativa, Diagnóstico Pedagógico e Avaliación de Programas.
. Así mesmo, para acadar un bo dominio da materia é aconsellable seguir as seguintes recomendacións:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados pola profesora.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo autónomo do alumno/a para acadar os obxectivos da materia.
Recoméndase que o alumno/a faga uso dos horarios de titorías para recibir o apoio necesario e as directrices que faciliten tanto o estudo da materia coma a elaboración dos traballos que se indiquen. As titorías terán lugar no seguinte horario e lugar:
Os luns en horario de 10:00 a 14:00 horas e os martes de 12:30 a 14:30 horas, no despacho 65 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O alumnado con exención oficial de docencia ou con dispensa de asistencia a clase ante determinadas circunstancias (instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC) terá que comunicalo en tempo e forma á profesora. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. (2020).
Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.apa.org/
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación coa profesora.
O alumnado deberá utilizar obrigatoriamente as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as instruccións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html
CONTACTO:
Profesora: Paula Outón Oviedo
Despacho: Nº 65 (Módulo A) Facultade de CC. da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: paula.outon [at] usc.es (paula[dot]outon[at]usc[dot]es)
Teléfono: 881813840
Paula Outon Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M - Z) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - L) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |