Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxectivos desta materia están relacionados con diversas funcións propias do rol docente: papel do mestre/a no século XXI, perfeccionamento e adaptación aos cambios científicos, sociais e pedagóxicos durante a vida profesional; reflexión sobre a aceptación de normas, respecto aos demais, promoción da autonomía e a singularidade; a educación das emocións, os sentimentos e os valores da primeira infancia, etc. Particularmente, queremos que os alumnos e alumnas en formación poidan:
-Coñecer as características da sociedade actual e o seu impacto na educación.
-Comprender cal é o sentido da educación na sociedade actual.
-Analizar o papel do mestre/a de educación infantil hoxe, tomando conciencia das condicións nas que se desenvolve a profesión docente.
-Comprender, planificar, desenvolver e valorar a práctica docente no ensino infantil.
1. PROFESIONALIZACION DOCENTE
1.1. O ensino como actividade profesional
1.2. Características da profesión docente: autonomía, illamento profesional, feminización, carreira docente plana e malestar docente
1.3. As culturas profesionais: individualismo fragmentado, balcanización, colexialidade forzada e colaboración
2. O PAPEL DO MESTRE/A DE EDUCACIÓN INFANTIL NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO
2.1. Quen é?: identidade profesional
2.2. O mestre/a de educación infantil e as necesidades sociais
2.3. Modelos de profesor/a
2.4. Tarefas e funcións
2.5. Posibilidades e límites
3. A PRÁCTICA DOCENTE NA EDUCACIÓN INFANTIL
3.1. Caracterización
3.2. Posibles nodos problemáticos
3.3. Prácticas de aula, innovación e mellora
4. A FORMACIÓN E O DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL
4.1. Formación ao longo da vida: da estrutura de formación a concepto "life long learning"
4.2. Modelos e modalidades de formación
4.3. Institucións e axentes de formación
4.4. A investigación sobre a formación: marcos conceptuais, metodoloxías, resultados e axenda de futuro
4.5. Demandas e desafíos
A) BÁSICA:
-Cantón, I. y Tardiff, M. (Eds.) (2018). Identidad profesional docente. Narcea.
-Estévez, I., Souto-Seijo, A., Sande, O., & González-Sanmamed, M. (2020). Aprendizaje Profesional Docente a través de la Autoformación: un Análisis Cualitativo de las Ecologías de Aprendizaje. New Trends in Qualitative Research, 2, 437-447. https://doi.org/10.36367/ntqr.2.2020.437-447
-Fernández-Tilve, M. D. (2006). Modalidades de formación y desarrollo profesional docente. Concello de Sanxenxo.
-Zabalza-Beraza, M. A. y Zabalza-Cerdeiriña, M. A. (2012). Profesores y profesión docente. Narcea.
B) COMPLEMENTARIA:
-Belando-Montoro, M. R. (2017). Aprendizaje a lo largo de la vida. Concepto y componentes. Revista Iberoamericana de Educación, 75, 219-234. http://hdl.handle.net/11162/174554
-Calvo, G. G. y Barba, J. J. (2014). Formación permanente y desarrollo de la identidad reflexiva del profesorado desde las perspectivas grupal e individual. Profesorado: Revista de currículum y formación del profesorado, 18(1), 398-412.
-Carbonell, J. (2000). La aventura de innovar. Morata.
-Colen, M. y Jarauta, B. (2010). Tendencias de la formación permanente del profesorado. Horsori.
-Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Morata.
-Fernández-Cruz, M. (1995). Ciclos en la vida profesional de los profesores. Revista de Educación, 306, 153-203.
-Fernández-Pérez, M. (1994). Las tareas de la profesión de enseñar. Siglo Ventiuno.
-Fernández-Tilve, M. D. y Fernández-Suárez, G. F. (2016). La escuela de ayer, hoy y mañana. Claves y desafíos. Dykinson.
-Fullan, M. (2011). Mejoras en colegios: requisitos para la formación de profesores. Pensamiento Educativo, 41(2), 293-314.
-García-Ruiz, R. y Castro-Zubizarreta, A. (2012). La formación permanente del profesorado basada en competencias. Estudio exploratorio de la percepción del profesorado de Educación Infantil y Primaria. Educatio Siglo XXI, 30(1), 297-322.
-González-Sanmamed, M., Souto-Seijo, A., González, I., y Estévez, I. (2019). Aprendizaje informal y desarrollo profesional: análisis de las ecologías de aprendizaje del profesorado de educación infantil. Edutec. Revista Electrónica De Tecnología Educativa, (68), 70-81. https://doi.org/10.21556/edutec.2019.68.1305
-Jackson, Ph. W. (1992). La vida en las aulas. Morata.
-Marcelo, C. (1994). Formación del profesorado para el cambio educativo. PPU.
-Marcelo, C. (2001). La función docente. Síntesis.
-Montero, L., Fernández-Vázquez, J. R. y Fernández-Tilve, M. D. (2002). Profesionalización do profesorado e demandas sociais: desafios e respostas. En J. M. Vez , M. D. Fernández-Tilve y S. Pérez Domínguez (Coods.), Políticas educativas na dimensión europea. Interrogantes e reflexións no umbral do terceiro milenio (pp. 111-131). Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Santiago de Compostela.
-Souto-Seijo, A., Estévez, I., y Sande, O. (2021). Oportunidades de aprendizaje y formación docente: una mirada desde las Ecologías de Aprendizaje. Educatio Siglo XXI, 39(2), 61-80. https://doi.org/10.6018/educatio.463211
-Pérez-Gómez. A., Barquín, J. y Angulo-Rasco, F. (1999). Desarrollo profesional del docente. Política, investigación y práctica. Akal.
-Villar, L. M. (Coord.) (1996). La formación permanente del profesorado en el nuevo sistema educativo de España. Oikos-tau.
-Zabalza, M. A. (1987). Didáctica de la Educación infantil. Narcea.
-Zabalza, M. A. (1996). Calidad en la educación infantil. Narcea.
Os alumnos e alumnas ao finalizar a materia deben ter adquiridas competencias diversas:
1. COMPETENCIAS XERAIS: G2, G3, G4, G5, G9, G11.
G2: Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e evolutiva.
G3: Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4: Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5: Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G9: Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G11: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS: E19, E20, E21, E22.
E19: Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20: Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
E21: Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22: Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
3. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS: T2, T3.
T2: Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O traballo desta materia estará orientado por tres principios metodolóxicos: non sustitución dos alumnos/as, interacción teoría-práctica e diversidade metodolóxica. As actividades didácticas realizaranse na aula ordinaria e virtual a través de estratexias tales como: traballo en pequenos grupos, representación de roles, relatos, estudo de casos, videoforum, exposición oral, traballo en parellas, visitas profesionais, traballo individual, debates, librofórum, elaboración de informes e supostos prácticos.
A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo sobre determinados materiais de aprendizaxe que utilizaremos como marco de referencia e que estarán dispoñibles na aula virtual da materia. Así mesmo, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria. A clase, polo tanto, non será un espazo exclusivo de recollida de notas. Máis ben será un lugar para a interacción constante entre a teoría e a práctica. En calquera caso, buscarase a participación activa do estudantado no proceso de construción do coñecemento profesional, mediante a interpelación de ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada quen, especialmente nas sesións interactivas.
Para o seguimento das tarefas a profesora facilitará no seu momento unha programación de entrega.
A avaliación do proceso ensino-aprendizaxe (E-A) realizarase en dous grandes momentos: antes e durante o proceso E-A. Farase, polo tanto, unha avaliación inicial e unha avaliación de proceso.
A avaliación inicial levarase a cabo a través da elaboración e exposición dun relato grupal por parte dos estudantes. A avaliación de proceso desenvolverase mediante a valoración da participación activa dos alumnos/as nas tarefas a desenvolver (lectura e análise de documentos de traballo, representación de roles, realización de informes, librofórum, estudo de casos, etc.).
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a participación activa dos estudantes na aula (30%) e a realización de tarefas de curso (70%). Con carácter xeral, este criterio de avaliación será aplicable para as dúas oportunidades.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a realización de tarefas de curso. Para a preparación das mesmas terá a súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora. No caso dos exames fin de carreira convén lembrar que o sistema de avaliación segue o especificado no programa do curso anterior.
Os traballos individuais e/ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega de traballos copiados supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación, un traballo non poderá presentarse para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Por outra parte, debe evitarse o uso indebido das tecnoloxías ns realización de tarefas ou probas. Polo tanto:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Tendo en conta que a asignatura comprende un espazo de 6 ECTS faremos a seguinte distribución:
A) TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO/A:
-Clases expositivas: 24 h.
-Clases interactivas (seminario): 24 h.
-Horas de titorías: 3 h.
Total: 51 h.
B) TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A:
-Estudo autónomo:35.
-Lecturas a realizar:45 h.
-Realización de traballos:17 h.
-Proba de avaliación: 2 h.
Total: 99 h.
TOTAL HORAS (25h/cr x 6 ECTS)=150 h.
Os alumnos e alumnas que cursen esta materia terán que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos pola profesora, para así manexarse de xeito preciso nos conceptos propios da disciplina e as súas aplicacións prácticas. Tamén resulta convinte que o alumnado participe activamente nas tarefas de aula propostas, tanto presenciais como virtuais.
Recoméndase a utilización da titoría para recibir as aclaracións oportunas, o apoio e as directrices que faciliten a aprendizaxe da materia.
O traballo constante ao longo da materia, así como o estudo persoal constitúen un piar fundamental no proceso de aprendizaxe.
Calquera circunstancia persoal que puidera dificultar o seguimento da materia deberá ser comunicada á profesora o antes posible, utilizando as titorías.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o uso de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases /titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Dolores Fernandez Tilve
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813812
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez.tilve [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Co) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (M - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Cr - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
09.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |