Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Área externa M.U en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os suxeitos e as fontes do Dereito Administrativo.
- Asimilar as nocións crave do procedemento administrativo (concepto e fases) e do acto administrativo (concepto, elementos, efectividade, execución e invalidez).
- Familiarizarse cos procedementos de revisión dos actos administrativos.
- Coñecer e poder aplicar os distintos contratos no sector público e os seus elementos.
- Estudar a contratación pública desde unha perspectiva económico-xerencial.
PROCEDIMIENTO ADMINISTRATIVO
1. Fundamentos do dereito administrativo: concepto, evolución histórica e ámbito de aplicación.
2. Cláusulas constitucionais e dereito administrativo.
3. Bases xurídicas: as fontes do dereito e a interconexión dos ordenamentos xurídicos.
4. Os suxeitos de dereito administrativo: a Administración pública e tipoloxía de entes. Potestades e autotutela.
5. A organización administrativa: principios organizativos. Administración territorial e distribución de competencias. Órganos administrativos. Relacións interorgánicas.
6. Acto administrativo e clases. O silencio administrativo. Eficacia i executividade.
7. O procedemento administrativo: principios e fases que o regulan. Terminación.
CONTRATACIÓN PÚBLICA
1. Ámbito de aplicación da Lei de Contratos do Sector Público e realidade estatística da contratación pública.
2. Tipos de contratos regulados por esta Lei.
3. Contido mínimo dos contratos
4. Procedementos de licitación: descrición e análise económica
5. Sistemas e procedementos de adxudicación: descrición e análise económica
6. A xestión estratéxica das compras públicas e a inclusión dos criterios éticos, sociais e ambientais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Y COMPLEMENTARIA: PROCEDIMIENTO ADMINISTRATIVO
PARADA VÁZQUEZ, Ramón, Derecho Administrativo, volumes I e II, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel, Derecho Administrativo. Parte xeral, Tecnos, Madrid, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso, Principios de Derecho Administrativo, volumes I e II, Iustel, Madrid, última edición.
GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo, e FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I, Civitas, Cizur Menor, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón, e FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Carmen, Las competencias locales, Marcial Pons, Madrid, última edición.
CERRILLO I MARTÍNEZ, Agustí, La transformación digital de la Administración Local, Fundación Democracia y Gobierno Local, 2021.
WWW.BOE.ES
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: CONTRATACIÓN PÚBLICA
Baena, L. (2018), Riesgos para la integridad en la contratación pública. Oficina Antifraude de Cataluña, 3.
CNMC (2019), Radiografía de los procedimientos de contratación pública en España, Madrid: Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia.
García Molinero, A. (coord.) (2020), La perspectiva presupuestaria de la contratación pública, Madrid: Wolters Kluwer.
Jiménez Ayala, J. (2004), "Los avances de la legislación de contratos de obras públicas en el siglo XX para prevenir las desviaciones presupuestarias", Revista de Obras Públicas, nº 3.444, mayo: 49-58.
Martínez Fernández, J. M. (2015), Transparencia versus corrupción en la contratación pública. Medidas de transparencia en todas las fases de la contratación pública como antídoto contra la corrupción, Tesis Doctoral, Universidad de León.
MH (2004), Informe y conclusiones de la Comisión de Expertos para el estudio y diagnóstico de la situación de la contratación pública, Madrid: Ministerio de Hacienda.
Palomar Olmeda, A. (2018), "Una nueva normativa contractual pública: un fin en sí mismo o un paso para el cambio", Revista Española de Control Externo, XX(60): 11-30.
Ramos Carvajal, E. (2020), "La planificación contractual pública en tiempos de coronavirus", Presupuesto y Gasto Público, 100: 121-136.
Royo, M. (2018). Los procedimientos de adjudicación de contratos públicos. Monografías de la Revista Aragonesa de Administración Pública, 365-373.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: CONTRATACIÓN PÚBLICA
Campos Acuña, M. C. e Caamaño Alegre, J. (2018), "Contratación pública (Ley 9/2017): Dificultades para implantar el nuevo modelo en el mundo local y propuestas de mejora", Documentos de Red Localis, 10.
Carbonero Gallardo, J. M. (2010), La adjudicación de los contratos administrativos: orígenes, evolución y sistema actual, Tesis Doctoral, Granada: Universidad de Granada.
Cordero Valdavida, M. e Carrascosa Moreno, J. (2021), "La contratación pública para la digitalización: hay que adaptarse al cambio", Presupuesto y Gasto Público, 103: 43-60.
Gimeno, J. M. (2010), "La Ley de Contratos del Sector Público: ¿una herramienta eficaz para garantizar la integridad? Mecanismos de control de la corrupción en la contratación pública", Revista Española de Derecho Administrativo, 147, 517-535.
Heredero del Campo, C. (2021), "El periplo accidentado de la contratación de emergencia", Revista Galega de Administración Pública, 62: 369-389.
Lamela Díaz, M. L.; Varela Varela, A. e Castejón González, J. (2015), "El nuevo modelo de contratación centralizada", Revista Española de Control Externo, XVII(49): 65-101.
Orquín Serrano, J. J. e Ortuño Sánchez, J. (2021), "El control interno sobre los contratos menores", Presupuesto y Gasto Público, 103: 81-94.
Reyes Santías, F. y López Juiz, M. F. (2019), "Contratos menores en la Administración Local: uso y abuso. La transparencia como profilaxis del mal uso", en Campos Acuña, C. y Fernández Llera, R. (dirs.), Retos de las entidades locales ante la transformación digital de la gestión pública, III Informe Red Localis, Wolters Kluwer, 287-297.
Rodríguez Míguez, J. A. (2021), "Prácticas anticompetitivas y contratación pública: la visión de una autoridad de competencia", Revista Galega de Administración Pública, 62: 255-296.
Salvador, M. (2019). El gobierno local en España. Madrid: Marcial Pons, Ediciones Jurídicas y Sociales.
Segundo a memoria do Máster, esta materia contribúe ao desenvolvemento por parte do alumno das seguintes competencias:
Competencias básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG3 - Capacidade de realizar reflexións e análises críticas sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG7. Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG8. Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxias nas que poida verse inmersa a administración local.
CG9. Xestionar e dirixir proxectos, sendo capaz de adoptar diferentes roles dentro dun equipo e as etapas dun proxecto; e adquirir as capacidades de sínteses e exposición que permiten presentar e expoñer de forma convincente un proxecto ante os principais actores implicados.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
Competencias transversais:
CT1. Comunicación oral e escrita
CT2. Organización e planificación
CT3. Capacidade de razoamento crítico
CT5. Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT8. Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT9. Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
CT10. Habilidade de aprendizaxe autodirixido e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
Competencias específicas:
CE2. Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE4. Coñecer as principais paradigmas e enfoques teóricos tanto clásicos como actuais, así como as novas técnicas de dirección e xestión pública baixo unha perspectiva interdisciplinar.
CE5. Coñecer os procedementos administrativos para a contratación pública e a xestión financeira e orzamentaria das facendas locais.
CE8. Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para alcanzar a súa excelencia.
CE9. Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10. Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
CE11. Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.
No momento de imparti-la materia de procedemento administrativo empregaranse os seguintes métodos docentes:
• Lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
• Clases prácticas.
Nas horas de docencia expositiva centradas na contratación pública, tratarase de facilitar a aprehensión dos conceptos clave mediante as explicacións do profesor, no seu caso apoiadas coa proxección de diapositivas ou o emprego doutros medios audiovisuais. Darase ademais aos alumnos ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, podéndoselles tamén interpelar para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. A docencia interactiva sobre contratación pública consistirá en realización de exercicios, análises de datos económico-financeiros, presentación e debate de temas polos alumnos, ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
Na parte de procedemento administrativo (2/3 da nota global da materia), a realización dun exame teórico-práctico suporá un 75% da cualificación final. As clases interactivas así como a participación e asistencia regular as aulas avaliaranse cun 25% da nota final.
Na parte de contratación pública (1/3 da nota global da materia), a avaliación basearase, en primeiro lugar, na asistencia e participación activa do alumno nas clases e na súa realización dos traballos ou actividades programados, todo o cal suporá o 75% da cualificación. En segundo lugar, realizarase un exame final que abarcará tanto aspectos teóricos como prácticos e suporá o 25% restante da cualificación.
Os alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% no exame final.
Consonte á memoria do Máster, os alumnos, ademais das diferentes clases e titorías, deberán dedicar unha media de 100 horas ao traballo persoal.
• Asistir á clase regularmente.
• Participar activamente nas clases de natureza práctica.
• Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
• Estudar con tempo e regularmente.
• Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
• Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
• Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Jose Caamaño Alegre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Manuel Carnota Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- josemanuelcarnota.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Ricardo Garrido Caneda
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
- Correo electrónico
- ricardo.garrido [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario 2.2 |
08.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
08.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
09.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
09.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |