Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 5 Total: 6.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Filoloxía Inglesa e Alemá, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía, Filoloxía Inglesa, Farmacoloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Pediatría, Toxicoloxía, Cirurxía, Dermatoloxía, Estomatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Estatística e Investigación Operativa, Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar os alumnos das competencias investigadoras e de comunicación que establece o Plan de estudos.
Realización e defensa pública ante un tribunal dun traballo de investigación baixo a dirección dun titor.
Consiste na elaboración, por parte do/a estudante, de forma individual, baixo a supervisión dun/unha titor/a académicode un traballo orixinal no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades en investigación e comunicación, adquiridas durante os estudos do Grao de Odontoloxía.Incluiría, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo. Estaría orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: a capacitación para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
De acordo cos coñecementos do alumno e a natureza do TFGM, o titor recomendará a bibliografía que considere apropiada.
Coñecementos
Con3.-Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova.
Con63.-Traballo fin de grao: Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias.
Competencias
Comp29.- Presentación e Defensa ante o Tribunal universitario dun proxecto fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
Habilidades o destrezas
H/D19.-Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, recolectar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
O alumno recibirá a supervisión dun titor que lle proporá cuestións de relevancia que poidan ser obxecto dun traballo de investigación en que o estudante poida aplicar os coñecementos e as destrezas adquiridos previamente. Baixo a supervisión do titor, o alumno redactará unha memoria cos contidos propostos como traballo, recorrendo ás fontes de información bibliográfica, consulta de datos clínicos, experimentais, epidemiolóxicos, etc. O titor orientará ó estudiante e realizará un seguimento do proceso de elaboración do TFG.
O titor deberá avaliar o traballo realizado polo alumno e a memoria de investigación elaborada. A cualificación do titor estará comprendida entre 0 e 10, e unicamente se procederá á defensa pública daquees traballos cunha cualificación maior ou igual a 5.La defensa pública do traballo de investigación realizarase nas datas que se establezan para cada unha das convocatorias existentes en cada curso académico. A defensa realizarase ante un tribunal composto por 3 membros, todos profesores do Grao de Odontoloxía. A defensa terá unha duración máxima de 25 minutos, dos cal un máximo de 15 minutos corresponderán á exposición, seguidos de 10 minutos para a quenda de preguntas por parte dos membros do tribunal. O tribunal emitirá unha cualificación única alcanzada por consenso dos membros ou pola media das cualificacións de cada membro en caso de que non se alcance o consenso. Para poder presentar e defender o TFGM nas convocatorias establecidas, os estudantes deben ter superados todos os créditos, teóricos e prácticos, correspondentes ao plan de estudos do Grao con nivel de Máster en Odontoloxía.Unha vez rematado o acto, o Tribunal procederá a deliberar a cualificación. Para superar a defensa pública, a nota emitida polo tribunal deberá ser igual ou superior a 5.La cualificación final da materia realizarase conforme o seguinte baremo:- 60% Cualificación del titor (0-10)- 40% Cualificación da defensa (0-10)Aqueles alumnos que non superen a defensa pública poderán realizar unha nova defensa do traballo na segunda convocatoria. No caso de non superala nas dúas convocatorias, deberá realizar un novo TFGM.La cualificación da materia TFGM estará comprendida entre 0 e 10 con expresión dun décimal, á que se poderá engadir a súa correspondente cualificación de Suspenso (SS, 0-4,9); Aprobado (AP, 5,0-6,9); Notable ( NT, 7,0-8,9) ou Sobresaliente ( SB, 9,0-10). Todo traballo que se poida considerar praxio ou fraudulento, será invalidado e dará lugar a que se adopten as medidas disciplinarias oportunas.
Unha vez rematado o proceso de avaliación dos traballos de investigación, a Comisión de TFG do grao estudiará si algún dos cualificados con Sobresaliente é merecedor de Matrícula de Honra, oídas as propostas dos tribunais actuantes
Traballo presencial: 8,5 h
Titoría: 5 h
Evaliación: 3,5h
raballo individual: 66.5 h
Repasa-los coñecementos adquiridos na materia bioestatística e introducción á investigación e saúde pública
Para poder presentar e defender o TFGM o estudante debe ter superados todos os créditos da titulación.
O día 22 de outubro aprobouse na Xunta de Facultade unha modificación da normativa do TFG do Grao de Odontoloxía que foi ratificada polo Consello de Goberno da USC do día 30 de outubro deste ano 2020, que se pode consultar no seguinte enlace https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2021-05/…
no seguinte enlace pódese consultar unha guia de elaboración de tfg.
https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2023-11/…
06.02.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
19.06.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
19.06.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
19.06.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
19.06.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
17.07.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
17.07.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
17.07.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
17.07.2025 09:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
04.09.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |