Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Parasitoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e identificar as principais especies parasitas responsables de enfermidade no ser humano.
- Relacionar os coñecementos morfolóxicos e biolóxicos co diagnóstico parasitolóxico.
- Aplicar os fundamentos biolóxicos e epidemiolóxicos na prevención e o control das enfermidades parasitarias.
- Desenvolver capacidades para formular e resolver problemas prácticos de tipo parasitolóxico.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS:
BLOQUE I. XENERALIDADES
Tema 1. O parasitismo como asociación biolóxica. Ciclos biolóxicos. Tipos de parasitos e de hóspedes.
Tema 2. Taxonomía e nomenclatura parasitarias. Bases e limitacións da caracterización morfolóxica.
Tema 3. Accións do parasito sobre o hóspede: os parasitos como organismos patóxenos. Impacto das enfermidades parasitarias nas poboacións humanas e animais.
Tema 4. Factores que determinan a distribución e prevalencia das parasitoses: factores bióticos, abióticos e sociais. Epidemioloxía. Zoonoses parasitarias.
Tema 5. Bases para o control das enfermidades parasitarias.
BLOQUE II. PROTOZOOLOXÍA
Tema 6. Protozoos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 7. Amebas intestinais: Entamoeba histolytica. Amebas anfizoicas: Naegleria, Acanthamoeba e Balamuthia.
Tema 8. Flaxelados intestinais: Giardia duodenalis. Flaxelados uroxenitais: Trichomonas vaginalis.
Tema 9. Flaxelados hemotisulares: Leishmania e Trypanosoma.
Tema 10. Ciliados: Balantidium coli (sin. Balantioides coli).
Tema 11. Apicomplexos intestinais: Cryptosporidium, Cyclospora e Isospora (sin. Cystoisospora).
Tema 12. Apicomplexos tisulares: Sarcocystis e Toxoplasma.
Tema 13. Apicomplexos hemáticos: Plasmodium.
BLOQUE III. HELMINTOLOXÍA
Tema 14. Trematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 15. Trematodos hepatobiliares: Fasciola, Clonorchis e Opistorchis.
Tema 16. Trematodos intestinais: Fasciolopsis e Heterophyes. Trematodos pulmonares: Paragonimus.
Tema 17. Trematodos hemáticos: Schistosoma.
Tema 18. Cestodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 19. Pseudofílidos: Diphyllobothrium e Spirometra.
Tema 20. Ciclofílidos: Taenia, Echinococcus e Hymenolepis.
Tema 21. Nematodos: introdución, bioloxía e clasificación.
Tema 22. Tricúridos: Trichuris e Trichinella.
Tema 23. Ascáridos: Ascaris, Toxocara e Anisakis.
Tema 24. Estrongílidos: Ancylostoma e Necator. Rabdítidos: Strongyloides.
Tema 25. Oxiúridos: Enterobius vermicularis.
Tema 26. Filarias: Wuchereria, Brugia, Onchocerca, Loa e Mansonella.
BLOQUE IV. ARTROPODOLOXÍA
Tema 27. Artrópodos: introdución, bioloxía e clasificación. Interese sanitario e papel vectorial.
Tema 28. Ácaros: Sarcoptes e Demodex. Carrachas: Argas e Ixodes.
Tema 29. Insectos. Piollos: Pediculus e Pthirus. Chinches: Triatómidos e Cimex. Pulgas: Pulex e Tunga.
Tema 30. Dípteros (mosquitos, moscas e tabáns): Anopheles, Culex e Aedes. Phlebotomus e Lutzomyia. Simulium. Glossina. Chrysops. Principais axentes etiolóxicos de míase.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Práctica 1. Descrición e funcionamento do microscopio e estereomicroscopio. Artrópodos: características morfolóxicas dos insectos, ácaros e carrachas. Observación de preparacións.
Práctica 2. Trematodos: características morfolóxicas de adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 3. Cestodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións.
Práctica 4. Nematodos: características morfolóxicas dos adultos, ovos e fases larvarias. Ciclos biolóxicos. Observación de preparacións. Infección natural.
Práctica 5. Protozoos: características morfolóxicas de amebas, flaxelados, ciliados e apicomplexos. Observación de preparacións
Básica
- Parasitología Humana. W.L. Apt Baruch. McGraw-Hill Interamericana. 1ª Edición. 2013.
- Foundations of Parasitology. L.S. Roberts, J. Janovy e S. Nadler. McGraw-Hill Higher Education. 9ª Edición. 2013.
- Atlas de Parasitología Humana. L.R. Ash e T.C. Orihel Editorial Médica Panamericana. 5ª Edición. 2010.
Complementaria
- Manual de Parasitología: morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. J. Gállego Berenguer. Publicacions i Edicions Universitat de Barcelona, D.L. 2007.
- Parasitic diseases. D.D. Despommier, J.W. Karapelou e J. Jensen. New York: Apple Trees. 5ª Edicción. 2006.
- https://www.cdc.gov/dpdx/index.html. DPDx – Laboratory Identification of Parasitic Diseases of Public Health Concern. Centers for Disease Control and Prevention.
COÑECEMENTOS:
- Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Con 22. Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos.
- Con 32. Coñecer e comprender os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames do diagnóstico de laboratorio.
- Con 35. Coñecer a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
- Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
- Con 39. Coñecer as técnicas analíticas relacionadas con diagnóstico de laboratorio, tóxicos, alimentos e medioambiente.
- Con 41. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
- Con 43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador).
- Con 44. Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
HABILIDADES/DESTREZAS:
- H/D 01. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
- H/D 02. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames de diagnóstico de laboratorio.
- H/D 04. Desenvolver análises hixiénica-sanitarias (bioquímicas, bromatolóxicas, microbiolóxicas e parasitolóxicas,
entre outras), especialmente as relacionadas coa saúde en xeral e cos alimentos e o medioambiente en particular.
- H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
- H/D 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
- H/D 14. Comprender a relación entre o ciclo de vida dos axentes infecciosos e as propiedades dos principios activos.
- H/D 18. Promover o uso racional do medicamento e produtos sanitarios.
- H/D 28. Utilizar correctamente as fontes de información científica, incluíndo as que se atopan en lingua inglesa.
- H/D 29. Analizar e sintetizar a información básica tanto en lingua castelá como en lingua inglesa e resumila de forma correcta e inteligible.
- H/D 30. Estruturar, desenvolver e resumir un traballo sobre un aspecto específico da profesión.
- H/D 31. Expoñer oralmente de forma clara e sintética un informe sobre un aspecto xeral ou concreto da profesión e defendelo publicamente.
COMPETENCIAS:
- Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
- Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
- Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
- Comp 04. Coñecemento dunha segunda lingua.
- Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
- Comp 07. Resolución de problemas.
- Comp 08. Toma de decisións.
- Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
- Comp 13. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
- Comp 14. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
- Comp 17. Compromiso ético.
- Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- Comp 21. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
- Comp 24. Coñecemento de culturas e costumes doutros países.
Clases expositivas: leccións impartidas polo profesorado que poden ter formatos diferentes. O profesorado pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. A plataforma virtual da USC servirá de soporte e complemento á docencia teórica. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa proposto na Guía Docente da materia. Ainda que a asistencia non é obrigatoria, será avaliable.
Clases interactivas de seminario: clase teórico/práctica de carácter obrigatorio na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría. O alumnado deberá participar activamente nestas clases. Os estudantes que por un motivo xustificado non poidan asistir ao grupo de seminario asignado, deberán comunicalo coa suficiente antelación ao profesor responsable ou a súa inasistencia terá un carácter negativo.
Clases interactivas de laboratorio: inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Cada unha das prácticas constará dunha breve presentación de fundamentos e metodoloxía a seguir. O alumnado non poderá aprobar a asignatura se non realiza as prácticas de laboratorio. Os estudantes que por un motivo xustificado non poidan asistir ao grupo de prácticas asignada, deberán comunicalo coa suficiente antelación ao profesor responsable co fin de reestruturar os grupos. As prácticas de laboratorio serán obrigatorias e terán unha validez de tres cursos académicos, incluíndo o de realización.
Titorías: estarán dedicadas á resolución de dúbidas ou aclaracións e se programarán polo profesorado a demanda do alumno.
- Os estudantes non poderán aprobar a materia se non realizan as prácticas de laboratorio e a súa nota final na materia será "Non Presentado".
- A avaliación consistirá nun exame teórico que supoñerá un 90% da cualificación final e poderá constar de: definición de conceptos básicos, resposta a preguntas curtas e tipo test, interpretación de imaxes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Serán tamén obxecto de avaliación os coñecementos adquiridos durante a realización das clases prácticas.
- Haberá unha avaliación continua complementaria na que se valorarán a asistencia, participación, actitude e aproveitamento das diferentes actividades programadas, incluídas as clases expositivas e interactivas de seminario e de laboratorio. A súa valoración representará o 10% da cualificación final, pero será necesario obter unha nota mínima (5 sobre 10) no exame teórico para aplicar esta valoración, que só terá validez para o curso académico no que se obtivera.
- A avaliación dos coñecementos, habilidades/destrezas e competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
A. No exame: con 22, con 32, con 35, con 37, con 39, con 41, H/D 01, H/D 02, H/D 04, H/D 14, H/D 18, Comp 01, Comp 03, Comp 07, Comp 08, Comp 10, Comp 17, Comp 18, Comp 24.
B. Nas clases interactivas de laboratorio: con 10, con 22, con 32, con 35, con 39, con 41, con 44, H/D 01, H/D 02, H/D 04, H/D 05, H/D 06, H/D 14, H/D 18, Comp 01, Comp 03, Comp 07, Comp 08, Comp 10, Comp 17, Comp 18, Comp 21, Comp 24.
C. Nas clases interactivas de seminario: con 10, con 22, con 32, con 35, con 39, con 41, con 43, con 44, H/D 01, H/D 02, H/D 04, H/D 05, H/D 06, H/D 14, H/D 18, H/D 28, H/D 29, H/D 30, H/D 31, Comp 01, Comp 02, Comp 03, Comp 04, Comp 06, Comp 07, Comp 08, Comp 10, Comp 13, Comp 14, Comp 17, Comp 18, Comp 21, Comp 24.
- Na convocatoria de segunda oportunidade, utilizaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira convocatoria.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
HORAS
Clases expositivas en grupo grande: 30
Clases interactivas en grupo reducido: 4
Titorías en grupo moi reducido: 3
Prácticas de laboratorio: 20
Exames e revisión: 3
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60
Lecturas, páxinas Web recomendadas, visualización de vídeos...: 10
Realización de prácticas: 20
Total horas traballo persoal do alumno: 90
Recomendacións para o estudo da materia:
- Asistir ás clases expositivas.
- Manter o estudo ao día.
- En cada tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma a súa aplicación.
- Consultar calquera dúbida xurdida ao profesorado responsable.
- Utilizar a plataforma virtual como complemento e consultar a bibliografía.
- Empregar as horas de titoría para resolver calquera dúbida.
Recomendacións de cara á avaliación:
- Recoméndase ler detidamente o exame co fin de axustar as respostas ás cuestións formuladas.
Recomendacións de cara á recuperación:
- O alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación na primeira oportunidade, debería acudir ao profesorado responsable para unha vez comprobados os fallos que motivaron non ter superado o exame, buscar o asesoramento necesario.
NOTA: Todos os xéneros e especies do programa deberían estar correctamente escritos en letra cursiva. A aplicación informática dispoñible actualmente non o permite.
Maria Esperanza Paniagua Crespo
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881815004
- Correo electrónico
- mesperanza.paniagua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elvira Ares Mazas
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814890
- Correo electrónico
- melvira.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hipolito Gomez Couso
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814889
- Correo electrónico
- hipolito.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula 9. Facultade de Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 11. Facultade de Dereito |