Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos relacionados con coñecementos e habelencias
- Proporcionar ao alumnado o coñecemento necesario que lle permita xerar dispositivos para a produción de datos sociolóxicos que den conta da relación entre compoñentes do sistema social (nivel estrutural da análise da realidade social, por exemplo, posición socio-estrutural ou posición de clase) e os distintos fenómenos políticos e sociais.
- Dotar ao alumnado dos fundamentos do deseño e análise de datos propios da metodoloxía cualitativa.
- Facilitar ao alumnado as habelencias básicas para que sexan quen de interpretar unha investigación cualitativas, podendo identificar e analizar posibles nesgos, erros ou indicadores de baixa calidade.
- Proporcionar as destrezas básicas para que o estudantado sexa capaz de extraer conclusións e escribir un informe de investigación dun estudo cualitativo.
- Concienciar ao alumnado da importancia da calidade e a ética na metodoloxía cualitativa: anonimato dos suxeitos de investigación, validación cruzada, confirmabilidade, transferibilidade, confiabilidade, resonancia, seguridade, sobreinterpretación, infrainterpretación, etc.
Obxectivos relacionados co dominio das ferramentas de aprendizaxe
- Capacitar ao alumnado coa adquisición da competencia específica da práctica sociolóxica cualitativa, tanto no que se refire ao deseño teórico dunha investigación, como ao desenvolvemento e implementación do traballo de campo.
- Proporcionar ao estudantado os coñecementos que lle permitan a identificación, xestión e transmisión de información científica: citar fontes, bases de datos, programas informáticos de apoio, etc.
Obxectivos referidos a valores e actitudes
- Fomentar o traballo en equipo, aspecto que é altamente positivo pois axuda a que a persoa universitaria interiorice os valores de diálogo, respecto e tolerancia; e ao mesmo tempo que se aprenda o manexo de potenciais conflitos, e se adquiran – e potencien-, habelencias de comunicación e negociación que, cada vez, son máis esixidas no mundo laboral.
Tema 1: A metodoloxía científica: nocións introdutorias.
Tema 2: A metodoloxía cualitativa: situacional, interpretativa, a variedade de enfoques, o discurso e os significados. Principais paradigmas na investigación cualitativa.
Tema 3: Breves apuntes históricos. A Escola de Chicago e os instrumentos para a observación da vida cotiá. As relacións entre as metodoloxías clásicas: Guerra de paradigmas, convivencia ou integración?
Tema 4: O deseño na metodoloxía cualitativa. Da explicación dos feitos sociais á comprensión dos discursos. Formulación dos obxectos de investigación. Elementos e estratexias de deseño. Os datos verbais e os datos visuais.
Tema 5: O mostreo. Definición e tipos. Os marcadores estruturais. Decisións mostrais. As mostras e os casilleiros tipolóxicos.
Tema 6: A análise na investigación cualitativa. A cristalización de datos. O proceso de codificación e categorización: os códigos, as categorías e as metacategorías. A escritura do informe de investigación: a descrición, a interpretación e os verbatim. A calidade na investigación cualitativa: dos criterios clásicos de Lincoln e Guba á actualidade.
Tema 7: Técnicas de conversa e narración I. Os Grupos de discusión. A produción de discursos mediante os grupos de discusión. Tipos de grupos para a obtención de datos. Estratexias parea a moderación dos grupos de discusión. Usos, vantaxes e inconvenientes.
Tema 8: Técnicas de conversa e narración II. As entrevistas en profundidade (in-Depth Interviews) ou entrevistas cualitativas (Qualitative Interviews). A entrevista como interacción social e como constructo comunicativo: da confesión á sociedade da entrevista catacterística do Panóptico dixital. Tipos, usos, vantaxes e inconvenientes.
Tema 9: Técnicas de conversa e narración III. O método biográfico. A memoria como construción social: a identidade e o recordo. As Historias de vida (Life History) e os Relatos de vida (Life Story) nas ciencias sociais: converxencias e diferencias. Usos, vantaxes e inconvenientes.
Tema 10: A etnografía e as técnicas de observación e participación. A etnografía como método: definición e características. A persoa investigadora no campo: o rol de observador. Etnografía tradicional (offline) e etnografía dixital (online). A observación participante. Tipos, usos, vantaxes e inconvenientes. A observación e a comunicación non verbal: a kinésica, a proxémica, a paralingüística, etc. A investigación-acción participativa.
Tema 11: Análise dos discursos. Da hermenéutica á semiótica. Lectura sociolóxica dos discursos: Perspectivas actuais.
Bibliografía básica:
Alonso, L. E. (2003). La mirada cualitativa en sociología (2ª ed.). Fundamentos.
Delgado, J. M. e Gutiérrez, J. (Coords.). (1999). Métodos y técnicas cualitativas de investigación en ciencias sociales (3ª reimpr.). Síntesis.
Denzin, N. K. e Lincoln, Y. S. (Coords.). (2012a). Manual de investigación cualitativa. El campo de investigación cualitativa (Vol. 1; C. Pavón, Trad.). Gedisa.
Denzin, N. K. e Lincoln, Y. S. (Coords.). (2012b). Manual de investigación cualitativa. Paradigmas y perspectivas en disputa (Vol. 2; C. Pavón, Trad.). Gedisa.
Denzin, N. K. e Lincoln, Y. S. (Coords.). (2013). Manual de investigación cualitativa. Las estrategias de investigación cualitativa (Vol. 3; V. Weinstabl e S. M. de Hagen, Trads.). Gedisa.
Denzin, N. K. e Lincoln, Y. S. (Coords.). (2015). Manual de investigación cualitativa. Métodos de recolección y análisis de datos (Vol. 4; R. Molina-Zavalía e E. Méndez, Trads.). Gedisa.
Denzin, N. K. e Lincoln, Y. S. (Coords.). (2017). Manual de investigación cualitativa. El arte y la práctica de la interpretación, la evaluación y la presentación (Vol. 5; M. E. Cazenave, Trad.). Gedisa.
Flick, U. (2012). Introducción a la investigación cualitativa (3ª ed.; T. del Amo, Trad.). Morata.
Ibáñez, J. (1986). Más allá de la Sociología. El grupo de discusión: Técnica y crítica (2ª ed.). Siglo XXI.
Lincoln, Y. S. e Guba, E. G. (1989). Naturalistic Inquiry. Sage.
Ruiz Olabuénaga, J. I. e Ispizua, Mª. A. (1989). La decodificación de la vida cotidiana: métodos de investigación cualitativa. Universidad de Deusto.
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa (4ª ed.). Universidad de Deusto.
Saldaña, J. (2011). Fundamentals of Qualitative Research. Understanding Qualitative Research. Oxford University Press.
Saldaña, J. e Omasta, M. (2021). Qualitative Research. Analyzing Life. Sage.
Valles, M. S. (2003). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional (3ª reimpr.). Síntesis.
Vasilachis, I. (2006). Estrategias de investigación cualitativa. Gedisa.
Verd, J. M. e Lozares, C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Fases, métodos y técnicas. Síntesis.
Zapata, R. e Sánchez-Montijano, E. (2011). Manual de investigación cualitativa en ciencia política. Tecnos.
Bibliografía complementaria:
Arroyo, M. e Sábada, I. (Coords.). (2012). Metodología de la investigación social. Técnicas innovadoras y sus aplicaciones. Síntesis.
Bernard, H. R., Wutich, A. e Ryan, G. W. (2017). Analyzing Qualitative Data. Systematic Approaches (2ª ed.). Sage.
Denzin, N. K. e Giardina, M. (Eds.). (2019). Qualitative Inquiry at the Crossroads: Political, Performative and Methodological Reflections. Routledge.
Flick, U. (2014). La gestión de la calidad en Investigación Cualitativa (T. del Amo e C. Blanco, Trads.). Morata.
Flick, U. (2015). El diseño de investigación cualitativa (T. del Amo e C. Blanco, Trads.). Morata.
Gutiérrez Brito, J. (2014). Dinámica del grupo de discusión (1ª reimpr.). Centro de Investigaciones Sociológicas.
Herzog, B. e Ruiz, J. (Eds.). (2019). Análisis sociológico del discurso. Enfoques, métodos y procedimientos. Universitat de Valencia.
Mannay, D. (2017). Métodos visuales, narrativos y creativos en investigación cualitativa. Narcea.
Moriña, A. (2017). Investigar con Historias de vida. Metodología Biográfico-narrativa. Narcea.
Olivier de Sardan, J-P. (2018). El rigor de lo cualitativo. Las obligaciones empíricas de la investigación cualitativa. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Pink, S., Horst, H., Postill, J., Hjorth, L., Lewis, T. e Tacchi, J. (2019). Etnografía digital (R. Filella, Trad.). Morata.
Saldaña, J. (2021). The Coding Manual for Qualitative Researchers (4ª ed., rev. e ampliada). Sage.
O alumnado que cursa esta materia ten que adquirir as competencias necesarias que lle permitan desenvolver un proceso de investigación social cualitativo:
- Saber elixir un obxecto de investigación cualitativo e axustar este ao paradigma, método e/ou técnica máis axeitados.
- Ser capaces de elaborar un deseño cualitativo: deseño de mostras, definición e elección de marcadores estruturais, reclutamento de suxeitos de investigación, análise de datos, elaboración e redacción do informe de investigación.
- Dominar a terminoloxía básica da metodoloxía científica e, en concreto, da metodoloxía cualitativa: metodoloxía, método, técnica, instrumento, inducción, abducción, categoría, metacategoría, triangulación, grupo focal, interseccionalidade, Teoría fundamentada, etc. dun xeito riguroso para que ambigüidade non inflúa na calidade do resultado dunha investigación.
- Aprender as nocións básicas de comunicación non verbal para facilitar a recolección e xestión dos datos.
- Aprender o manexo básico dos datos verbais e datos visuais dentro dun contexto semiótico en investigación cualitativa.
- Aprender as nocións básicas de como triangular datos, métodos, técnicas, etc. cualitativas e cuantitativas.
-Ser quen de manexar os rudimentos de deseño específicos da Investigación Multimétodo no que se refire á investigación cualitativa.
- Ser capaces de elaborar unha transcrición axeitada sen perder datos no proceso.
- Incorporar a análise da comunicación non verbal á investigación cualitativa.
- Ser capaces de elaborar deseños e levalos á práctica dentro do respecto ás persoas e á ética da investigación.
- Ser quen de deseñar e levar á práctica investigacións cualitativas de calidade.
Clases expositivas: nelas explicaranse os contidos da materia. Asumirán unha metodoloxía de tipo expositiva-participativa permitindo, e fomentando, a participación do alumnado no decurso da clase.
Clases interactivas: nelas proporase ao alumando unha serie de exercicios prácticos de deseño da investigación social cualitativa para que se poñan en práctica as habelencias teóricas explicadas ao longo da materia. Asemade, invitarase a investigadores/as a presentar os seus estudos e a explicar as dificultades que puideran atopar na realización do traballo de campo. Ademais, poderán desenvolverse xogos de rol para que o estudantado poida poñer en práctica determinadas habelencias.
Titorización personalizada de traballos en grupo (5 horas): nelas supervisarase o avance dos traballos grupais a realizar polo alumnado.
A nota final será o resultado da suma dos seguintes apartados:
1. Exame final: Realizarase un exame sobre os contidos impartidos ao longo do curso que suporá o 60% da nota.
2. Avaliación continua:
2.1. O alumnado realizará un traballo en pequenos grupos (máximo 4 estudantes por grupo) realizando algunha investigación de carácter cualitativo. A nota asignada ao traballo suporá o 30% da nota.
2.2. A asistencia e nivel de participación do alumnado –tanto a través dos traballos entregados por escrito como de forma oral que se irán propoñendo ao longo do curso-, suporán o 10% da nota final.
NON se pode superar esta materia sen a realización do traballo obrigatorio citado nos parágrafos anteriores. Asemade, se algún alumno/a suspende na primeira oportunidade, pero presentou o traballo, e este está aprobado, a nota do mesmo gardarase e manterase para a avaliación da segunda oportunidade nese curso escolar.
Deberase obter como mínimo un 4,5 tanto no exame como no traballo de grupo para ser avaliado desta materia.
No caso do estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia o devandito alumnado avaliarase mediante o exame final (60%), a cuxa nota sumarase a obtida nos traballos de carácter práctico (traballo obrigatorio e recensións de textos, 40%). En caso de que se declaren o Escenario II ou III, e non se poida realizar o exame de xeito presencial avaliarase de xeito continuo e non se realizará exame, pasando a avaliar o traballo obrigatorio, así como as recensións ou exercicios presentados.
En relación á normativa de permanencia do alumnado estarase ao regulado no artigo 5.2 da Normativa sobre Permanencia nas titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Seguindo as recomendacións da memoria do título de Grao desta titulación, o alumnado ten asignadas unhas horas de traballo autónomo equivalente a 99, ás que se lle engaden 51 horas presenciais (repartidas entre clases teóricas, seminarios, debates e traballo en grupo).
- Recoméndase ao estudantado levar a materia ao día.
- Asemade, suxírese ao alumnado teñan ao día o seu coñecemento do inglés. Así como dalgún dos sistemas de referenciar citas bibliográficas nos traballos académicos, con especial referencia ao APA7.
- Recoméndase dedicar tempo ao traballo que se debe de realizar desde o inicio da materia, xa que este é laborioso e leva bastante tempo, polo que se de deixa todo para o final logo non quedará tempo para rematalo en condicións.
- Recoméndase facer uso das titorías para a supervisión do avance dos traballo grupal, así como para a resolución de dúbidas sobre a teoría explicada ao longo das clases expositivas.
- Recoméndase preguntar na aula as dúbidas que lle poidan xurdir ao alumnado xa que iso fará a clase máis levadeira para todos/as.
- Recoméndase particpar na clase para poder facelas máis interactivas e menos áridas.
Juan Jose Labora Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- juan.labora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | Castelán | 0.2 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 0.2 |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | Castelán | 0.2 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | Castelán | 0.2 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | Castelán | 0.2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 0.2 |
22.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 2.1 |
22.01.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 2.1 |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (A-K) | 2.1 |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (L-Z) | 2.1 |