Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 10 Total: 45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao estudantado coñecementos básicos de Fitoterapia: utilización terapéutica de fitomedicamentos e preparados de plantas medicinais.
Formar ao estudantado nos aspectos relacionados co uso racional de preparados e medicamentos a base de plantas: accións, efectos adversos, interaccións, etc.
Capacitar ao estudantado para procurar e analizar información, seleccionar e aplicar protocolos de traballo en Fitoterapia con espírito crítico e para que sexa quen de informar e dar consello profesional aos doentes sobre o emprego axeitado dos preparados a base de plantas.
SECCIÓN I.- PARTE XERAL
Tema 1.- Introdución á Fitoterapia. Concepto e obxectivos. Utilización actual das plantas medicinais na terapéutica. Lexislación sobre plantas medicinais.
Tema 2.- Formulación de preparados en Fitoterapia e formas de administración. Control do produto terminado.
Tema 3.- Principios activos das drogas vexetais. Metabolitos secundarios. Propiedades.
Tema 4.- Seguridade dos medicamentos fitoterápicos. Reaccións adversas. Interaccións dos preparados fitoterapéuticos entre sí ou co resto de medicamentos.
Tema 5.- Toxicidade aguda das plantas medicinais
Tema 6.- Aromaterapia. Concepto. Aceites esenciais en aromaterapia
SECCIÓN II.- FITOTERAPIA E SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Tema 7.- Fitoterapia no tratamento do insomnio e a ansiedade.
Tema 8.- Fitoterapia no tratamento da depresión.
Tema 9.- Fitoterapia no tratamento da astenia e o estrés.
SECCIÓN III.- FITOTERAPIA DAS ENFERMIDADES AUTOINMUNES E INFLAMATORIAS
Tema 10.- Fitoterapia inmunomoduladora e as súas aplicacións.
Tema 11.- Fitoterapia no tratamento de procesos inflamatorios e a hemicrania.
SECCIÓN IV.- FITOTERAPIA DO SISTEMA VASCULAR
Tema 12.- Fitoterapia en enfermidades vasculares periféricas. Venotónicos e venoprotectores.
Tema 13.- Fitoterapia en hipertensión arterial.
Tema 14.- Fitoterapia da insuficiencia vascular cerebral
SECCIÓN V.- FITOTERAPIA NOS TRASTORNOS ENDOCRINOS E METABÓLICOS
Tema 15.- Fitoterapia na diabete.
Tema 16.- Fitoterapia de hiperlipidemias e obesidade.
Tema 17.- Fitoterapia da osteoporose.
SECCIÓN VI.- FITOTERAPIA NO TRATAMENTO DE AFECCIÓNS DO APARELLO RESPIRATORIO
Tema 18.- Fitoterapia no tratamento da tose: antitusivos, expectorantes e mucolíticos.
SECCIÓN VII.- FITOTERAPIA NO TRATAMENTO DE ALTERACIÓNS DIXESTIVAS
Tema 19.- Tratamento fitoterápico da dispepsia, flatulencias, gastrite e úlceras gástricas.
Tema 20.- Trastornos hepatobiliares. Colagogos e coleréticos.
Tema 21.- Tratamento fitoterápico do estreñimento e diarrea.
Tema 22.- Tratamento fitoterápico de nauseas e vómitos. Estimulantes do apetito.
SECCIÓN VIII. FITOTERAPIA NO APARELLO XENITOURINARIO E APARELLO REPRODUCTOR
Tema 23.- Fitoterapia en infeccións urinarias, litiase renal. Diuréticos.
Tema 24.- Fitoterapia en afeccións prostáticas.
Tema 25.- Fitoterapia xinecolóxica. Fitoterapia nos trastornos climatéricos.
SECCIÓN IX. FITOTERAPIA DERMATOLÓXICA
Tema 26.- Fitoterapia no tratamento de queimaduras e patoloxías da pel e mucosas.
Tema 27.- Fitoterapia da dermatite seborreica e alopecia
SECCIÓN X. FITOTERAPIA EN PATOLOXÍAS OCULARES
Tema 28.- Fitoterapia no tratamento de blefarite, conxuntivite e tirizós.
Bibliografía recomendada
BÁSICA
Castillo García, E y Martínez Solís I. Manual de Fitoterapia. Elsevier Doyma, S.L. Barcelona 2021
Pizzorno, J.E., Murray, M., Joiner-Bey, Herb. Manual de Medicina Natural. 2ª edición. Elsevier. 2008.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press, 2009
Cañigueral, S. Vila, R. y Wichtl, M. Plantas Medicinales y drogas vegetales para infusión y tisanas. Edit: OEMF International, 1988
COMPLEMENTARIA
World Health Organization. Monographs on Selected medicinal plants. Ginebra. Vol.1, 2, 3 y 4 1999, 2002, 2007 y 2009
Blumenthal-Goldberg-Brinckmann. Herbal Medicine. Expanded Commission E Monographs. 2000
Real Farmacopea Española.4ª Edición. Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, 2011
Catálogo de Plantas Medicinales. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
Vanaclocha, B. Cañigueral, S. Fitoterapia, Vademecum de Prescripción. 5ª Edición. Elsevier, 2019
Coñecementos
Con 01. Coñecer a orixe, natureza, e como deseñar, obter, analizar, controlar e producir principios activos, fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
Con 04. Adquirir coñecementos para deseñar, preparar, subministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
Con 05. Adquirir coñecementos en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Con 06. Adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios para promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Con 07. Coñecer, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Con 08. Coñecer as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 24. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Con 31. Coñecer como utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
Con 33. Coñecer os efectos das substancias con actividade farmacolóxica.
Con 34. Coñecer e comprender as técnicas utilizadas no deseño e avaliación dos ensaios preclínicos e clínicos.
Con 35. Coñecer a relación existente entre alimentación e saúde, e a importancia da dieta no tratamento e prevención das enfermidades.
Con 37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con 41. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con 43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
Habilidades ou destrezas:
H/D 01: Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
H/D 05: Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
H/D 13: Estimar os riscos biolóxicos asociados á utilización de substancias e procesos de laboratorios implicados.
Competencias
Competencias instrumentais
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Competencias interpersoais
Comp 09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 10. Traballo en equipo.
Comp 11. Habilidades interpersoais.
Competencias sistémicas
Comp 17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 19. Capacidade de aprender.
Comp 24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27. Preocupación pola calidade.
Comp 28. Motivación de logro.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o estudantado seguirá en todo momento as directrices indicadas polo equipo docente, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
Clases expositivas:
Exposición dos conceptos fundamentais dos temas programados, empregando os elementos didácticos necesarios (vídeos, diapositivas, etc.) para axudar á sua comprensión.
Clases interactivas:
1.- O estudantado fará un estudo das plantas medicinais que poidan ser de utilidade nas diferentes afeccións do organismo.
Dentro dunha determinada patoloxía, indicaranse, ademáis, os fitomedicamentos existentes no mercado, seleccionando un deles para tratar en profundidade (principios activos, acción farmacolóxica, usos, interaccións, doses, etc), indicando os consellos e medidas hixiénico-sanitarias que o doente deberá tomar, segundo a patoloxía sometida a estudo. Este traballo exporase e debatase co equipo docente e o estudantado.
Ao comezo de curso realizarase a distribución de traballos entre o estudantado, dacordo coa listaxe de temas ofertada polo equipo docente.
2.- Resolución individual ou en grupo de casos prácticos propostos polo equipo docente que o estudantado entregará a través da Aula Virtual no período establecido.
A cualificación final máxima será de 10 puntos e para superar a materia requírese un mínimo de 5 puntos. A cualificación final do estudante será o resultado da valoración do seu rendemento académico nos seguintes apartados:
1.- Exame final dos contidos da materia (60%)
Avaliarase o nivel de coñecementos sobre o temario do curso mediante a realización dun exame escrito. Este levarase a cabo na data prevista no calendario escolar para o exame final da materia, e constará de dúas partes:
- 30 cuestións tipo test, con catro opcións de resposta das que unicamente unha é correcta. Cada cuestión contestada correctamente suma 0,2 puntos. Cada cuestión contestada incorrectamente resta 0,05 puntos. As cuestións non contestadas non suman nin restan puntuación. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é, polo tanto, de 6 puntos.
- Preguntas curtas e/ou casos prácticos. A nota máxima que se pode obter nesta parte do exame é de 4 puntos.
A cualificación global do exame será a media aritmética das dúas partes (test e casos prácticos), sendo necesario alcanzar un mínimo de 3 puntos sobre o máximo de 10.
Avaliación de Con 01, Con04, Con05, Con06, Con 07, Con08, Con10, Con 24, Con 33, Con 34, Con 35, Con 36, Con 37, H/D01, H/D13, Comp 07, Comp 08, Comp 17.
2.- Elaboración de traballos e participación nas sesións de exposición e debate: 20%
A realización do traballo e a súa exposición e debate valorarase co 20% da cualificación final. A cualificación máxima será de 2 puntos.
Avaliación de Con 08, Con 41, Con 43, H/D 05, Comp 01, Comp 03, Comp 06, Comp09, Comp10, Comp 11, Comp 24, Comp 27, Comp 28
3.- Resolución de casos prácticos: 20%
Ao longo do curso realizaranse unha serie de exercicios, en grupos moi reducidos ou individuais, de forma presencial na aula, ou a través da aula virtual, en forma de tarefas. A suma total obtida tras a valoración de cada un destes exercicios, terá un valor máximo de 2 puntos.
Avaliación de Con 05, Con 06, Con 10, Con 26, Con 33, Con 37, Con 38, Con 40, Con 43, H/D 01, H/D 13, Comp 07, Comp 08, Comp 17.
Para os alumnos que acudan á convocatoria de segunda oportunidade, conservaranse as notas correspondentes á realización e exposición do traballo e resolución de casos prácticos. A nota final será a suma dos tres méritos tidos en conta. Non se conservará a cualificación obtida na avaliación continua para cursos sucesivos.
TRABALLO PRESENCIAL (horas)
Clases expositivas: 23 h
Seminarios: 18 h
Titorías en grupo moi reducido: 2 h
Exames e revisión: 2 h
Total horas de traballo presencial: 45 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (horas)
Estudo autónomo: 45 h
Elaboración de traballos: 20 h
Orientación e resolución de dúbidas: 2,5 h
Total horas de traballo persoal do alumno: 67,5 h
TOTAL HORAS DE TRABALLO (presencial + persoal)
45 h + 67,5 h = 112,5 h = 4,5 ECTS
Recomendacións cara a evaluación.
Asistencia a clases expositivas e interactivas, sendo estas últimas o complemento que axudará ao estudante a resolver dudas no tratamento a base de plantas medicinais.
Acudir as tutorías para resolver dudas.
Recomendacións cara a recuperación.
Completa-los apuntes do curso e acudir ó profesor para resolver dudas.
Os estudantes con dispensa de asistencia a clase non verán afectada a súa cualificación final por este feito. Para os estudantes repetidores, a avaliación continua será a mesma que para os estudantes de nova matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Dolores Viña Castelao
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | 5035 Aula 7 Facultade Dereito |