Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Utilización de ferramentas informáticas para o racionamento alimenticio do gando vacún de leite.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Bases para a formulación de racións de vacas de leite. Necesidades das vacas lactantes. Necesidades da recría. Necesidades das vacas secas. Interpretación de análises de alimentos. Concepto de fibras, proteínas, graxas, enerxía, dixestibilidade. Software de racionamento: sistemas americano, francés e holandés. Produción de leite con vacas en pastoreo. Análises da variabilidade dos pastos desde a perspectiva funcional.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada actividade pode variar en función do desenvolvemento do contido):
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA (9 HORAS).
Tema 1.
Diferentes sistemas de racionamento, bases teórica NRC americano, o INRA francés e o AFRC británico. (3 h)
Tema 2.
A inxesta de alimento, a regulación enerxética e volumétrica da inxestión de racións completas. (3 h)
Tema 3.
A alimentación da vaca de leite. Necesidades nutritivas das vacas de leite. Mobilización de reservas corporais. Racionamento en función do estado fisiolóxico das vacas. (3 h)
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (12 HORAS).
Práctica 1- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
Práctica 2- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
Práctica 3- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
3.- TITORÍAS EN GRUPO (3 HORAS).
Titoría 1.- Programación de actividades e prácticas.
Titoría 2.- Seguimento das actividades e prácticas.
Titoría 3.- Seguimento das actividades e prácticas.
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (12 h).
Preparación de actividades prácticas e/ou dirixidas (24 h).
Preparación de actividades de avaliación (12 h).
Bibliografía básica:
Blas, C.; González, G; Argamenteria, A. (1987) Nutrición y Alimentación del Ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Broster, W.H.; Swan, H. (1983) Estrategias para alimentación de vacas lecheras de alta producción. Ed. AGT, México.
INRA. (1984). Alimentación práctica de bovinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
National Reserch Council. (2001). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
Bibliografía complementaria:
Dryden, G. (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI, Cambridge.
Webster, J. (1990). Understanding the dairy cow. Ed. BSP Professional Books, Oxford.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio.
Competencias transversais:
CT5 – Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT12 – Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CE11 – Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal.
CE12 – Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
Materia cuadrimestral con 9 horas de clases maxistrais para explicar os conceptos da materia. As prácticas de laboratorio (12 h) realizaranse en grupos de 20 alumnos na aula de informática. Por último disporanse de 3 horas de titorías en pequenos grupos.
As competencias traballadas nas clases expositivas maxistrais son: CB7 e CE11; nas prácticas de laboratorio son: CB7, CT5 e CT12 e nas titorías en pequenos grupos son: CB7, CT12 e CE11.
Proba escrita final (70%) avalía as competencias CE11, CE12, CT12.
Aproveitamento das practicas (20%) avalía as competencias CB7, CT5. (Pode incluír elaboración de traballos).
Asistencia (10%).
Cómpre obter un mínimo de 4 puntos na nota de teoría.
Salvo que o alumnado desexe melloralas, as cualificacións prácticas e a asistencia conservaranse para a 2ª oportunidade e convocatorias posteriores. Para os alumnos con dispensa se empregárase o mesmo método de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases expositivas (maxistrais): 9 h
Clases interactivas (prácticas de laboratorio): 12 h
Titorías en grupo reducido: 3 h
Realización do exame e exposición de traballos: 4,5 h
TRABALLO NON PRESENCIAL:
Estudio individual dos contidos: 22,5 h
Elaboración de traballos: 24 h
TEMPO TOTAL DE TRABALLO: 75 h
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente coas memorias de prácticas. Levar a materia ao día.
Arturo Gomez Perez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Correo electrónico
- arturo.gomez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Ángel Miranda González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica
- Correo electrónico
- angelmiranda.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |