Premio Nobel "polo descubrimento da chamada liberdade asintótica na teoría da interacción forte".
Só catro tipos de forzas fundamentais son as que rexen o universo: a gravitatoria, a electromagnética, a chamada forza débil (responsable da rotura espontánea de certos núcleos atómicos e a suá radiactividade) e chamada forza forte.
Esa forza forte é a que une os cachos máis pequenos de materia coñecida: os quarks. Wilczek explicou, con tan só 21 anos, cómo funcionaba esa forza, que ademais o fai dun xeito sorprendente e antiintuitivo: canto máis cerca están uns quarks dos outros, menos forza exercen entre sí. É dicir, cando están moi xuntos síntese case como libres e non sinten o efecto dos outros.
Ese descubrimento foi clave para o desenvolvemento dunha das ramas máis básicas da física: a cromodinámica cuántica. Wilczek é ademais un reputado divulgador en revistas científícas norteamericanas.