Ir o contido principal

Sheldon Lee Glashow

Universidade de Boston (EE.UU.).
Premio Nobel de Física 1979.

Sheldon Lee Glashow

Premio Nobel “por contribucións á teoría da interacción electromagnética e feble unificada entre partículas elementais, incluíndo, entre outras, a predición da corrente neutral feble”.

Só catro tipos de forzas fundamentais son as que rexen o Universo: a gravitatoria, a electromagnética, a forza feble (responsable da radiactividade e dos procesos termonucleares que teñen lugar nas estrelas) e a forza forte (que mantén unidos a protóns e neutróns no núcleo do átomo). Se o Universo é un ente único, é natural concluír que as interaccións fundamentais que o gobernan deban ser, tamén, a expresión dun mecanismo que pode ser unificado.

Trala primeira gran unificación da física realizada no século XIX por James Clerk Maxwell, quen demostrou que a electricidade e o magnetismo eran dúas caras dun mesmo fenómeno, Glashow foi quen deu o primeiro paso na dirección de unificar o resto das interaccións. En 1960 construiu un modelo teórico que amosaba que o electromagnetismo de Maxwell e a forza feble, caracterizada por Enrico Fermi, eran en realidade dúas manifestacións dunha única interacción unificada á que chamou electrodébil. Isto pese a que ambas forzas presentan unha aparencia e intensidade moi distintas. A teoría de Glashow predí a existencia dunha partícula nova, o bosón Z, cuxo descubrimento no CERN, en 1973, constitúe un dos fitos da historia da física.

Conferencia de Sheldon Lee Glashow. Programa ConCiencia (13/12/2011)

Novas relacionadas