Ir o contido principal

Encontros de Lúa Chea 2024

Intelixencia artificial: retos de futuro

16/10/2024 - 19 horas

O terceiro evento deste programa organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da EPSE xunta a dous especialistas da propia Escola (Roberto Iglesias Rodríguez e Juan Antonio Corrales Ramón) para falar das oportunidades e os riscos que se derivan do desenvolvemento da intelixencia artificial.

Rede neuronal
Recreación dunha rede neuronal artificial

A intelixencia artificial é unha tecnoloxía presente hoxe en día en múltiples aspectos das nosas vidas. Estamos afeitos a usala nos nosos móbiles e ordenadores, cada vez máis nos nosos coches, a interactuar con ela nos servizos de atención á clientela... e permite desde crear de robots que cada vez están máis preto das persoas ata usos industriais que van revolucionar a forma en que producimos obxectos.

Estes impresionantes avances permítennos vivir hoxe como cotiás situacións que non hai moito tempo considerariamos propias dun filme de ciencia ficción, pero tamén nos enfrontan a preguntas desacougantes: como conxugar a posibilidade de interactuar con robots con conservar aspectos básicos da nosa privacidade? Os nosos datos están realmente seguros? Como vai afectar toda esta automatización ao emprego? Non estarán os algoritmos a ampliar os nosos prexuízos?g

Para responder a estas e outras preguntas que seguro han xurdir, desta vez xuntamos na mesa talento local. Coa moderación de Xosé Ramón Fernández Vidal, convidamos a dous docentes no Grao de Robótica desta mesma Escola e especialistas na materia:

Roberto Iglesias Rodríguez, Coordinador do Grao de Robótica no Campus de Lugo, Departamento de Electrónica e Computación, USC

Juan Antonio Corrales Ramón, Profesor do Grao de Robótica no Campus de Lugo, Departamentode Electrónica e Computación, USC

A partir das 19 horas do mércores 16 de outubro, agardámosvos na Cafetaría da EPS de Enxeñaría para falar deste apaixonante escenario.

 

Cartaz dos Encontros de Lúa Chea de abril
Cartaz do Encontro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2024.