Ir o contido principal

Catálogo de estrelas dobres

Catálogo de órbitas e de efemérides de estrelas dobres visuais

Versión 2013: J. A. Docobo, J. F. Ling, and P. P. Campo

Introdución

R. M. Aller introduciu a investigación sobre binarias en Españana primeira metade do século XX. Dende entón o estudo de órbitas de estrelas dobres ten sido unha tradición no OARMA. Unha completa colleita de tarxetas de datos que contiñanas órbitas actualizadas foi mantida no noso Observatorio por J. M. Costa nos anos 60, 70 e 80.

Cando Paul Couteauretirouse en 1993, José Ángel Docobo propuxoa compilación dun novo catálogo de efemérides que sería o herdeiro daqueles editados por P. Muller (1954); P. Muller e Cl. Meyer (1964, 1969); P. Muller e P. Couteau (1979); e P. Couteau, P. Morel e Fulconis (1986).

Esta idea foi presentada no International Workshop on Double Stars and Celestial Mechanics, "VISUAL DOUBLE STARS: FORMATION, DYNAMICS AND EVOLUTIONARY TRACKS", celebrado en Santiago de Compostela en 1996 (Docobo et al., 1997).

Durantea preparación do catálogo, Docobo suxeriu amplialo para convertilo taménnun catálogo de órbitas(OARMA Catalog, OARMAC). Ó mesmo tempo, o catálogo de órbitas de Worleyconvertiuseno Fifth Orbit Catalogue (Hartkopf, et al. 2001) incluindo órbitas e efemérides.

Aparentemente, dous traballos similares foron creados simultáneamente. Nótese sen embargo que estes dous catálogos son complementarios e a súa coexistencia enriquecea información astronómicaneste campo, entre outras cousas, porqueos criterios de inclusión e exclusión non son necesariamenteos mesmos.

Con respecto á nosa selección de órbitas, foi o noso criterio básico non reemplazar ningunha órbita anterior excepto no caso daquelas razonablemente melloradas por unha posterior. Consideramosa posibilidade de amosar máis dunha órbita para cada estrela dobre en aqueles casosnos queas órbitas dadas son similares ou non se pode discriminar entre elas.

Aprimeira versión do OARMAC foi publicada en Acta Astronomica (Docobo et al., 2001), coincidindo coa primera versión on-line que inicialmente contiñ 1,545 órbitas de 1,208 sistemas, por J. A. Docobo, J. F. Ling, J. M. Costa, M. T. Costado e P. Magdalena, cun prefacio de P. Couteau.

Ocatálogoactualízase xeralmente unha vez ó ano, primeiro por J. A. Docobo, J. F. Ling, C. Prieto, M. T. Costado e P. Magdalena, e logo por J. A. Docobo, J. F. Ling, C. Prieto e M. Brea. J. A. Docobo, J. F. Ling e P. P. Campo sonos astrónomos queoestiveron xestionandonos últimos anos.

Aversión actual foi actualizada o 24 de abril de 2013 e contén 2225 órbitas de 1817 sistemas.

Descrición do Catálogo

Para cada estrela dase na primeira liña as súas coordenadas 2000.0 , na segunda o seu número A.D.S. ( Aitken 1932 ) si é o caso , asi como o nome da estrela.

Na terceira liña aparecen as magnitudes visuais das compoñentes asi como seus tipos espectrais.

Tanto as coordenadas 2000.0 como as magnitudes e tipos espectrais foron tomados de Washington Double Star Catalogue ( Versión Actualizada )

Na cuarta liña figura unha letra : A , B ou C que indica a capacidade do sistema para ter unha órbita con garantias en base a criterios como o arco descrito , o material de observación disponible ou incluso que órbitas calculadas por distíntos autores sexan semellantes.

Cando para unha mesma estrela se calcularon dúas órbitas con períodos moi distintos , o lado da letra aparece o número romano II. No caso de que foran tres os períodos , se pon III.

Na quinta liña consta un número do 0 ó 10 que ten o seguínte significado :

0 : Sen comentarios adicionais

1 : Orbita espectroscópica e interferométrica e/ou eclipsante e interferométrica.

2 : Existencia dunha( s ) subcompoñente( s ) espectroscópica con órbita calculada.

3 : Existencia dunha( s ) subcompoñente( s ) eclipsante( s ) con órbita calculada

4 : Tercer corpo confirmado no sistema ou sistema triple cas dúas órbitas calculadas.

5 : Posibilidade dunha( s ) subcompoñente( s ) no sistema.

6 : Orbita astrométrica.

Nas órbitas astrométricas nas que o semieixo maior ( alpha ) corresponde a órbita do fotocentro , temos posto o código 66.

66 : Ver 6 .

7 : Unha das compoñentes ten órbita astrométrica.

8 : Indicios de movemento orbital.
Orbitas moi fraxiles
 

9 : Con traxectoria rectiliña.

10 : Considerada par óptico por algún autor.
 

Xunto a estes números pode figurar a palabra NOTES que nos leva a un arquivo complementario.
 

A sexta liña incuie o número do Catálogo Hipparcos ( ESA, 1997 ) ademais da paralaxe trigonométrica e do error standard medidos por dito satélite astrométrico.

Na liña sétima indícase o número de órbitas que se dan para unha mesma estrela.

Na oitava danse os elementos orbitais no orde : P , n , T , e , a , i , omega , OMEGA xunto co autor da órbita.
 

Na novena aparece outra letra que significa o seguínte :

N : omega e/ou OMEGA trocados de cuadrante.

E : erro nalgún elemento publicado no seu día e correxido neste Catálogo

X : OMEGA referido o equinocio 1900.0

Y : OMEGA referido o equinocio 1950.0

Z : OMEGA referido o equinocio 2000.0
 

Na liña décima faise constar a referencia bibliográfica da órbita.

Na decima primeira e seguíntes figuran as efemérides para os vindeiros anos.Neste senso compre dicir que estas ven dadas cada 0,25 anos cando o periodo orbital e menor que 3 anos , cada 0,50 anos si o periodo orbital e maior que 3 anos pero inferior ou igual a 10 anos e de ano en ano para os demais casos.

Cando para unha mesma estrela se incluien mais dunha órbita , para cada unha delas repítense as liñas correspondentes , é dicir , da oitava en adiante.
 

Agradecementos:

Os autores agradecen ó Dr. Oleg Malkov polos seus útiles comentarios e correccións paraa versión actual do Catalogo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2025.