O Observatorio Astronómico Ramón María Aller é un Centro único no Sistema Universitario de Galicia, pero non só porque non haxa mais observatorios universitarios na nosa Comunidade, senón porque a actividade desenvolvida nel abrangue ademais da investigación científica e docencia de alto nivel, un amplo abano de actividades de divulgación dirixidas a toda a sociedade, ao que hai que engadir a súa estación meteorolóxica coa que se colabora coa AEMET desde hai máis de 35 anos.
Actualidade
O Observatorio Astronómico fará seguimento da eclipse solar do sábado nunha sesión aberta ao público
As persoas interesadas poden acudir ás instalacións, no Campus Sur, entre as 10:30 e as 12:45 horas
Ler máis
Nova edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía
As persoas interesadas dispoñen dende este luns ata o 26 de febreiro para inscribirse nas 60 prazas dispoñibles
Ler máis
O Observatorio da USC leva ata o Centro Penitenciario de Monterroso un obradoiro de astronomía
As persoas asistentes coñecerán as actividades científicas que se desenvolven no centro do Campus Sur compostelán e participarán en observacións con telescopios
Ler máisO Observatorio Astronómico organiza un obradoiro para ver o ceo nocturno a través de prismáticos e telescopios
Ofértanse cincuenta prazas e o período de matrícula xa está aberto desde este venres
Ler máisBota a andar unha nova edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía da USC
A inscrición esténdese do 20 ao 22 de marzo e o acto de presentación terá lugar o xoves 23 ás 20.15 horas na Facultade de Óptica e Optometría
Ler máis