
A garita meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, portada do CALENDARIO METEOROLÓGICO da AEMET para 2011
Elaborado cos datos obtidos de cotío na estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, operativa dende 1947.
Centro colaborador da Agencia Estatal de Meteorología.
A utilización destes datos require a mención do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
Ao igual que no ano pasado, en 2024 se volveu a pasar dos dous mil litros por metro cadrado. Dende 2015 a 2022 (ambos os dous inclusive) non se chegara a esta cantidade.
A diferencia con 2023 foi que en 2024 choveu bastante nos primeiros meses do ano e non tanto nos tres últimos pero aínda así, os 2.058,9 litros/m2 medidos no ano recentemente finalizado superan tamén a media das últimas décadas, que está en 1.800 l/m2. Non sobrepasando os 2.100 l/m2 pódese considerar dentro da normalidade en Santiago de Compostela.
Os meses mais chuviosos resultaron ser outubro e febreiro, con 391,8 e 313,1 l/m2 respectivamente. Pola contra o verán respondeu ás súas expectativas polo menos ao que auga se refire: xullo, 41,1 l/m2, e agosto, 8,8 l/m2 mantivéronse en rexistros típicos.
Os días de maior precipitación foron o 8 de outubro con nada menos que 101,5 l/m2, e o 8 de febreiro tamén cunha cantidade importante, 93,3 l/m2. En total se pasou dos 30 l/m2 en 17 xornadas.
Choveu en 193 días de 2024, porén en 17 deles non chegou a 0,1 l/m2, o que se considera inapreciable. Sen contar estes últimos, os 176 restantes correspóndense ao 48,2% dos días do ano nos que nalgún momento houbo precipitación. Isto tamén é normal en Santiago, que ronda habitualmente o 50%.
En xeral estas foron suaves, xa que logo o número de días con máximas superiores aos 30º foi só de 7, e pola outra as temperaturas negativas (dentro do casco urbano da cidade) tan só apareceron nunha ocasión, o 20 de xaneiro con -1º3. Logo houbo outros días con mínimas entre 0º e 1º, fundamentalmente tamén no primeiro mes do ano.
Xullo, a pesar do seu comezo pouco estival, proporcionou a finais de mes días bastante calorosos (cinco deles por riba dos trinta graos), en tanto que agosto nesta ocasión só sobrepasou dito listón dúas veces. A pesar diso, a temperatura máxima do ano foi compartida polos días 29 de xullo e 10 de agosto con 33º4.
O día coa máxima mais baixa foi o 8 de xaneiro con só 6º1, en tanto que a noite mais quente tivo lugar os días 29 e 30 de xullo con 20º4.
As horas de sol medidas en 2024 no Observatorio Astronómico Ramón María Aller foron 2.338, tan só superadas este século polas 2.351,3 horas rexistradas en 2017.
Na distribución de tales horas non houbo anomalías, tendo sido os meses mais solleiros: maio (292 horas), agosto (278 horas) e xullo (272 horas). Noutro extremo destacan novembro (83 horas), xaneiro (106 horas) e decembro (119 horas).
En 38 xornadas o astro rei non se deixou ver por Compostela, porén nos meses de maio, xuño, agosto e setembro isto non aconteceu nunca.
Con mais de 9 horas de insolación houbo 107 días, destacando con lóxica os meses estivais. Entre 6 e 9 horas de sol se contaron en todo o ano un total de 97 días.
Aparte do xa comentado en relación con días de moi alta precipitación, compre destacar o forte temporal da noite do 8 ao 9 de outubro con vento sostido por riba dos 50-60 Km./hora no Campus Vida e que deu lugar á caída de numerosas árbores na cidade.
Tamén é salientable a racha de 68 Km/h con dirección SSW rexistrada ás 11:54 do día 24 de novembro.
Na noite do 30 de novembro ao 1 de decembro, a zona da capital de Galicia veuse afectada por unha forte treboada que se iniciou a partir das 0 horas pero que tivo a máxima intensidade entre as 7 e as 8:30, xa no amencer do domingo 1 de decembro.
Precipitacións
Días con maior precipitación do 2024
Temperatura
Máxima do ano: 33,4 (29 de xullo e 10 de agosto).
Mínima do ano: -1,3 (20 de xaneiro).
Máxima máis baixa: 6.1 (8 de xaneiro).
Mínima máis alta: 20.4 (30 e 31 de xullo).
Días con temperatura máis alta:
Días con temperatura máis baixa:
Precipitacións | Temperatura | Insolación | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Litros/m2 | D | PR.MX. | D30 | D15-30 | D5-15 | D5 | Ip | D' | S | T | N | MAX. | min. | M< | m> | T.M. | M 30 | M 25 | M 20 | m 5 | m 0 | Horas de Sol | SS | D 0-3 | D 3-6 | D 6-9 | D + 9 |
Xaneiro | 223,9 | 18 | 43,8(17) | 3 | 2 | 5 | 6 | 2 | 16 | 0 | 0 | 0 | 21,5(27) | -1,3 (20) | 6,1 (8) | 14,2 (15) | 10,5 | 0 | 0 | 3 | 7 | 1 | 106h 20m | 7 | 8 | 8 | 8 | 0 |
Febreiro | 313,1 | 19 | 93,3(8) | 3 | 5 | 4 | 6 | 1 | 18 | 1 | 0 | 0 | 21,9 (14) | 4,3 (6) | 10,6 (23) | 12,8 (14) | 12,1 | 0 | 0 | 6 | 2 | 0 | 178h 50m | 1 | 4 | 1 | 22 | 0 |
Marzo | 268 | 23 | 35,2(8) | 1 | 8 | 7 | 5 | 2 | 21 | 2 | 0 | 0 | 25,8 (21) | 2,6 (26) | 9,0 (2) | 12,4 (17) | 10,9 | 0 | 1 | 5 | 5 | 0 | 158h 10m | 5 | 6 | 5 | 9 | 6 |
Abril | 169,6 | 14 | 44,2(26) | 0 | 3 | 7 | 3 | 1 | 13 | 1 | 0 | 0 | 29,2 (12) | 2,7 (29) | 12,8 (26) | 12,6 (14) | 14,1 | 0 | 7 | 5 | 1 | 0 | 220h 00m | 1 | 7 | 5 | 3 | 14 |
Maio | 184,3 | 18 | 68,3(3) | 2 | 2 | 4 | 10 | 0 | 18 | 0 | 1 | 0 | 28,8 (10) | 5,4 (1) | 12,4 (1) | 14,9 (30) | 14,5 | 0 | 5 | 7 | 0 | 0 | 291h 40m | 0 | 1 | 6 | 6 | 18 |
Xuño | 47,9 | 10 | 15,0(16) | 0 | 1 | 2 | 6 | 1 | 9 | 0 | 0 | 0 | 29,8 (24) | 8,7 (13) | 16,7 (16) | 16,4 (23) | 17,8 | 0 | 5 | 14 | 0 | 0 | 260h 40m | 0 | 4 | 5 | 4 | 17 |
Xullo | 41,1 | 12 | 19,1(14) | 0 | 1 | 1 | 7 | 3 | 9 | 0 | 0 | 0 | 33,4 (29) | 9,1 (7) | 20,0 (10 - 20) | 20,4 (29 - 30) | 20,3 | 5 | 12 | 13 | 0 | 0 | 272h 00m | 1 | 2 | 3 | 7 | 18 |
Agosto | 8.8 | 7 | 3,9(23) | 0 | 0 | 0 | 6 | 1 | 6 | 0 | 0 | 0 | 33,4 (10) | 12,2 (25) | 22,7 (29) | 19,5 (18) | 21,4 | 2 | 21 | 9 | 0 | 0 | 277h 40m | 0 | 2 | 6 | 6 | 17 |
Setembro | 129,7 | 15 | 50,6(25) | 1 | 1 | 6 | 6 | 1 | 14 | 0 | 1 | 0 | 29,3 (16) | 6,5 (28) | 15,2 (6) | 17,9 (1) | 17,1 | 0 | 6 | 16 | 0 | 0 | 220h 00m | 0 | 3 | 8 | 9 | 10 |
Outubro | 391,8 | 23 | 101,5(8) | 3 | 5 | 7 | 6 | 2 | 21 | 0 | 1 | 0 | 24,8 (13) | 8,7 (26) | 13,2 (26) | 17,4 (2) | 16,5 | 0 | 0 | 13 | 0 | 0 | 150h 10m | 6 | 6 | 7 | 5 | 7 |
Novembro | 150,9 | 19 | 53,2(1) | 2 | 1 | 4 | 11 | 1 | 18 | 0 | 1 | 0 | 24,1 (2) | 4,5 (22) | 12,9 (26) | 18,5 (24) | 15,1 | 0 | 0 | 9 | 0 | 0 | 83h 20m | 10 | 6 | 8 | 6 | 0 |
Decembro | 129,8 | 15 | 64,1 (18) | 1 | 1 | 4 | 7 | 2 | 13 | 0 | 1 | 0 | 19,0 (25) | 1,8 (14) | 10,5 (28) | 13,4 (6) | 10,1 | 0 | 0 | 0 | 13 | 10 | 119h 10m | 7 | 4 | 8 | 12 | 0 |
Lenda:
D, días nos que nalgún momento do mesmo rexistrouse precipitación. Entre paréntese o porcentaxe con respecto ó total de días do ano
PR. MX., precipitación máxima nun día. Entre paréntese o día correspondente
D30, días nos que se rexistraron máis de 30 litros/metro2
D15-30, días con precipitación entre 15 e 30 litros/metro2
D5-15, días con precipitación entre 5 e 15 litros/metro2
D5, días con precipitación inferior a 5 litros/metro2
IP, días con precipitación inapreciable (menos de 0,1 litros/metro2). Entre paréntese o porcentaxe con respecto ó total de días do ano
D', días con precipitación (sen contar os de precipitación inapreciable). Entre paréntese o porcentaxe con respecto ó total de días do ano
S, días con sarabia; T, días con tormenta; N, días con neve
MAX., Temperatura máxima do mes. Entre paréntese o día correspondente
min., Temperatura mínima do mes. Entre paréntese o día correspondente
M<, Máxima máis baixa do mes
m>, Mínima máis alta do mes
T.M., Temperatura media do mes
M 30, Número de días con máxima de 30º ou superior
M 25, Número de días con máxima entre 25º-30º
M 20, Número de días con máxima entre 20º-25º
m 5, Número de días con mínimas entre 5º-0º
m 0, Número de días con mínima inferior a 0º
SS, número de días sen Sol
D 0-3, número de días con insolación entre 0 e 3 horas
D 3-6, número de días con insolación entre 3 e 6 horas
D 6-9, número de días con insolación entre 6 e 9 horas
D+9, número de días con insolación superior a 9 horas