O Observatorio Astronómico Ramón María Aller ten unha sección denominada "Centro de Interpretación do Cosmos" a través do cal se levan a cabo programas de divulgación con saídas e se reciben visitas guiadas no Observatorio tanto de escolares como de distintos colectivos.
Para contactar basta con enviar unha mensaxe á dirección:
joseangel.docobo [at] usc.es (joseangel[dot]docobo[at]usc[dot]es)
indicando o centro, número de persoas e idades, así como a data solicitada.
Na actualidade cóntase co apoio do Consello Social da USC.