Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller pon en marcha unha nova edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía

O proceso de matrícula para a comunidade universitaria deberá realizarse o próximo luns 3

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza este curso a décimo oitava edición do Programa de Extensión Cultural de AStronomía (PECAS), dirixido tanto a Comunidade Universitaria como a sociedade en xeral. A súa finalidade é achegar o mundo da Astronomía especialmente ao alumnado que non ten un contacto curricular con esta rama da ciencia, ao tempo que abrir as instalacións do Observatorio a todas as persoas que o desexe, que así poderán terán a oportunidade de realizar observacións a través dos telescopios e recibir ensinanzas teóricas e prácticas de Astronomía a un nivel asequible. Os integrantes da comunidade universitaria interesados en participar das actividades deste programa de extensión cultural deberán formalizar a matrícula o próximo luns 3 de novembro. Toda a información sobre o desenvolvemento de PECAS está dispoñible na web do observatorio. Esta iniciativa conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2025.