O Observatorio Ramón María Aller desenvolve en outubro o Mes da Astronomía
O Observatorio Ramón María Aller da USC desenvolverán ao longo de outubro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal o Mes da Astronomía, iniciativa incluída no marco do proxecto ‘O Camiño das estrelas. As estrelas do Camiño’ dentro da programación de O Teu Xacobeo co patrocinio da Xunta.
O programa de actividades arrancará este mesmo luns 7 coa celebración dun obradoiro infantil, de 19.00 a 20.00 horas, dirixido a nenos e nenas de 11 a 14 anos. Deseguido está previsto unha sesión de observación do ceo nocturno con telescopio que comezará ás 20.15 horas cunha breve explicación previa sobre o que o contido da xornada. Ambas actividades precisan de inscrición, proceso que se pode formalizar pola web do centro.
O luns 21 celebrarase un novo obradoiro infantil dirixido a nenos e nenos de 7 a 10 anos e para o que Óptica Val agasallará cun planisferio celeste a cada asistente. Celebrarase de 18.30 a 19.30 horas e igualmente é require de inscrición previa. O programa de actividades completarase cun último obradoiro para cativos e cativas de 4 a 6 anos e coa mostra bibliográfica ‘Mes da Astronomía’ que amosa os fondos que posúe a biblioteca sobre esta materia para os máis pequenos.