Ir o contido principal

O profesor José Ángel Docobo presentou en Lalín unha biografía sobre Ramón María Aller

Detalle da portada do libro
Detalle da portada do libro
O libro titúlase "Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático"

O director do Observatorio Astronómico da USC, José Angel Docobo, é o autor do libro Ramón María Aller. Astrónomo e matemático, biografía que o venres 28 de novembro se presentou en Lalín dentro das actividades promovidas co gallo do 25 aniversario da inauguración do Museo Ramón Mª Aller na localidade pontevedresa. Na presentación interviron o profesor Docobo xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo Iglesias, e ao director da editorial Ouvirmos Xosé M. Aldea.

A biografía científica editada por Ouvirmos S. L. (ISBN: 978-84-941053-5-7) forma parte da serie BIOGRAFÍAS DE CIENTÍFICOS. O libro está escrito en galego e conta con 135 páxinas, divididas en 13 apartados, nas que se inclúen unha morea de fotos relacionadas coa vida e obra do padre Aller, referencia da astronomía galega e un dos astrónomos españois máis salientables do século XX.

Portada do libro
Portada do libro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2025.