TodoCosmos, divulgando astronomía por máis dunha vintena de concellos galegos

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación galega. A iniciativa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica.
Aínda que se desenvolve ao longo de todo ano, no verán concentra boa parte das súas propostas. Dende sesións de observación nocturna a visitas didácticas ao Observatorio, pasando por obradoiros ou charlas, que nesta edición se van diversificar en máis dunha vintena de concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias.
O equipo de TodoCosmos confórmano José Ángel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.
O programa xa comezou en xuño con actividades en Pontevedra, Santiago e Lalín, como explicou esta mañá en rolda de prensa o director do OARMA, José Ángel Docobo. Sen estar pechada a axenda definitiva, e a maiores dun cursiño en Sanxenxo a finais de agosto, están previstas as seguintes sesións de observación nocturna:
Mes de XULLO
Bertamiráns (Praza Chavián), 12 de xullo ás 22:45
Noia, 17 de xullo ás 22:30
Barbadás, 18 de xullo ás 22:30
Lousame, 19 de xullo ás 22:30.
Porto do Son, 19 de xullo ás 22:30.
Rianxo, 20 de xullo ás 22:30.
Boqueixón, 27 de xullo ás 22:00
Sanxenxo, 27 de xullo ás 22:30.
Mes de agosto
Padrón, 1 de agosto ás 22:30.
Ribadeo, 3 de agosto ás 22:30.
Allariz, 5 de agosto ás 22:30.
Rianxo, 10 de agosto ás 22:30.
Santiago (Observatorio Astronómico, coa Cruz Vermella), 13 de agosto ás 22:00
O Grove, 14 de agosto ás 22:00.
Allariz, 15 de agosto ás 22:00.
Ribadeo, 16 de agosto ás 22:00.
Porto do Son, 16 de agosto ás 22:00.
Sanxenxo, 17 de agosto ás 22:30.
Padrón, 19 de agosto ás 22:00.
Porto do Son, 19 de agosto ás 22:00.
Noia, 20 de agosto ás 22:00.
Sanxenxo, 29 de agosto ás 22:00.