20.01.2025-21.01.2025 | 17.00h
O grupo Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá organiza en colaboración co proxecto MediaTrust.Lab do LabCom - Comunicação e Artes o Cumio Ibérico de Xornalismo Local, que se desenvolve en Santiago o luns 20 e o martes 21 de xaneiro de 2025, na Sala de Doutoramento da citada Facultade.
Na xornada do luns presentaranse os resultados de varios proxectos de investigación e Carlos Toural desde a USC e Pedro Jerónimo da Universidade da Beira Interior de Portugal falarán sobre 'Galicia-Portugal: novos horizontes de colaboración na investigación en Comunicación'.
O martes trataranse temas coma a desinformación a escala local, novos modelos de negocio no xornalismo de proximidades ou as audiencias que ten este xornalismo.