Ir o contido principal

Curso 'Competencias en información para a investigación. Nivel experto'

04.11.2024-04.12.2024

Santiago e Lugo

A investigación na actualidade desenvólvese coa consulta de fontes físicas e virtuais. FOTO: Santi Alvite
A investigación na actualidade desenvólvese coa consulta de fontes físicas e virtuais. FOTO: Santi Alvite

Coa fin de fornecer o estudantado da USC de habilidades, actitudes e condutas para acceder a información de calidade no ámbito da investigación, a Biblioteca Universitaria (BUSC) organiza o curso 'Competencias en información para a investigación. Nivel experto', gratuíto e semipresencial, dirixido a estudantes da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). En total hai 50 prazas, 25 para Santiago e 25 para Lugo.

Entre os contidos principais figuran a busca eficaz da información, avaliación e xestión da mesma; ferramentas TIC na USC; a elaboración do traballo científico, propiedade intelectual, publicación e difusión da información, e ferramentas de traballo colaborativo na rede. A duración do curso será de catro semanas, cun investimento en tempo de cada estudante de 25 horas.

Organízase en seis módulos cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio. Realízanse dúas sesións prácticas presenciais de tres horas cada unha e o resto da formación é en liña. Na primeira sesión presencial abórdanse as buscas bibliográficas e o uso de xestores bibliográficos como RefWorks, mentres na segunda se falará de traballo científico e ciencia aberta.

O período de matrícula vai do 21 ao 28 de outubro​ e o desenvolvemento do curso será do 4 novembro ata o 4 decembro. As sesións presenciais en Santiago tanto en Santiago como en Lugo desenvolveranse o martes 12 e o martes 19 de novembro 2024 en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2024.