Ir o contido principal

Simposio da Sociedade Española de Medicina Oral

24.01.2025 | 16.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Medicina. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Medicina. FOTO: Santi Alvite

A Sociedade Española de Medicina Oral (SEMO) organiza o simposio 'A boca seca. Un problema para o odontólogo'. Desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina o venres 24 de xaneiro en horario de 16.00 a 21.00 horas. Abordará temas coma a xestión de pacientes con boca seca, o microbioma oral, o cancro oral, o papel da odontoloxía en pacientes de oncoloxía, o manexo psiquiátrico das enfermidades orais psicosomáticas e o manexo da osteonecrose farmacolóxica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2024.