Ir o contido principal

Un total de 33 estudantes iniciaron o seu período como bolseiros e bolseiras de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria

Os novos bolseiros e bolseiras recibiron as súas credenciais nun acto celebrado na Facultade de Filosofía que presidiu Manuel Puga Pereira.
Os novos bolseiros e bolseiras recibiron as súas credenciais nun acto celebrado na Facultade de Filosofía que presidiu Manuel Puga Pereira.

Un total de 33 estudantes iniciaron cunha xornada formativa o seu período como bolseiros/as de Sustentabilidade, Participación e Integración Universitaria (SEPIU) para colaborar en proxectos de sustentabilidade ambiental nos centros docentes de Santiago e Lugo. Neste mesma xornada os/as bolseiros/as recibiron as credenciais nun acto celebrado na Facultade de Filosofía coa participación do presidente do Consello Social, Manuel Puga Pereira, e da vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva. Esta décima promoción de bolseiros/as, que financia o Consello Social da USC, coñeceu os aspectos máis salientables do Plan de Desenvolvemento Sostible e as actividades que deberán desenvolver neste curso da man da coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, María Teresa Barral. Posteriormente, deu comezo unha sesión formativa, centrada na presentación de programa de Comunidades en Transición e a súa implantación na universidade, da man dos bolseiros/as deste último programa. Todas as actividades relacionadas coas bolsas SPIU ao longo deste curso serán comunicadas á comunidade universitaria a través da páxina web da Oficina de Desenvolvemento Sostible, a páxina web do proxecto USC en Transición e ás súas redes sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.01.2014.