Aberta ata o 15 de marzo a inscrición para obter os Certificats de Llengua Catalana do Instituto Ramon Llull
O Institut Ramon Llull mantén aberto o prazo de inscrición para as probas de obtención dos Certificats de Llengua Catalana na súa edición correspondente a 2023. Os certificados son emitidos por esta institución e válidos tanto para a comunidade universitaria como para o público en xeral. O prazo de inscrición e pagamento esténdese ata o 15 de marzo.
As datas dos exames segundo os niveis convocados na sede da USC para toda Galicia son: Bàsic (A2) / Elemental (B1) o 6 de maio, Intermedi (B2) / Superior (C2) o día 13 do mesmo mes, e Suficiència (C1) o 20 de maio. Pódese obter máis información nos enderezos electrónicos arnau.vives [at] usc.es (arnau[dot]vives[at]usc[dot]es) e dolors.perarnau [at] usc.gal (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]gal).