Ir o contido principal

Aberta a matrícula para o exame DUE-B2 do CILS

Ata o 15 de abril o Centro de Linguas Modernas mantén aberto o prazo de matrícula para a convocatoria do Certificado de Italiano como Lingua Estranxeira (CILS) que se vai celebrar na USC para o nivel DUE-B2. Ofertaranse un total de 24 prazas que se cubrirán por estrita orde de matrícula.

A proba realizarase o 9 de xuño, con dúas partes. Na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, ás 9.00 horas realizarase a proba escrita, que se completará coa valoración oral, no Seminario 0.4 desta facultade a partir das 16.00 horas. Nesta segunda, o horario individual indicarase durante a celebración do exame escrito. Dende 2007 o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC é centro examinador en Galicia para os exames CILS da Università per Stranieri di Siena para a Lingua Italiana como lingua estranxeira. O CILS é unha certificación que comprende ata 6 niveis.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2016.