Ir o contido principal

Acto protocolario de toma de posesión da profesora Silvia Moscoso Ruibal como decana de Relacións Laborais

O reitor Juan Viaño presidirá este martes 15 a toma de posesión da profesora Silvia Moscoso Ruibal como decana da Facultade de Relacións Laborais nunha sesión protocolaria que comezará ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

A profesora Moscoso Ruibal pertenza á área de Psicoloxía Organizacional, Xurídica Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento. Completarán o equipo decanal José Joaquín Vidal Portabales, como vicedecano, e María Bastida Domínguez na secretaría.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2015.