Ir o contido principal

Alumnado da escola de Vila Verde de Portugal visita o Museo de Anestesia e Reanimación da USC

A visita celebrouse este venres, onde o alumnado recibiu as indicacións de Vicente Ginesta
A visita celebrouse este venres, onde o alumnado recibiu as indicacións de Vicente Ginesta

Un grupo de alumnado da Escola de Ensinanza Secundaria de Vila Verde (Portugal) visitou o Museo de Anestesia e Reanimación da Facultade de Medicina e Odontoloxía, onde os recibiu o vicedecano Juan A. Suárez Quintanilla e o profesor Vicente Ginesta Galán que deu conta dos principais detalles deste museo. O Museo de Anestesia da Facultade de Medicina da USC ilustra as orixes desta especialidade médica, ámbito no que a Facultade de Compostela foi testemuña da aplicación dunha das primeiras anestesias por éter, e das primeiras por cloroformo de España, pouco despois da súa utilización en Boston e Edimburgo. No desenvolvemento destas técnicas en España, tres personaxes tiveron un papel protagonista, os cirurxiáns José González Olivares e Vicente Guarnerio e o químico, naquel momento reitor da USC, Antonio Casares Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2015.