Ir o contido principal

Alumnado do máster en ‘Biodiversidade e conservación do medio natural’ desenvolve parte do programa docente a bordo do buque Irmáns García Nodal

O profesor Urgorri (cuarto pola esquerda) xunto ao alumnado que estos días se atopa a bordo do buque Irmáns García Nodal
O profesor Urgorri (cuarto pola esquerda) xunto ao alumnado que estos días se atopa a bordo do buque Irmáns García Nodal

Alumnado do máster en ‘Biodiversidade e conservación do medio natural’ desenvolve estes días, ata o próximo día 1 de xuño, parte do seu programa docente a bordo do buque Irmáns García Nodal da Xunta de Galicia, onde se está a desenvolver a materia de ‘Bioloxía dos fondos mariños: biodiversidade dos fondos mariños profundos’. O profesor Victoriano Urgorri e cinco dos seus colaboradores da Estación de Bioloxía Mariña da Graña da USC, imparten a bordo as clases teóricas e prácticas da materia, realizando mostraxes de fauna bentónica batial con diferentes tipos de dragas, en fondos da plataforma e cantil continental do noroeste de Galicia, ata unha profundidade de 800 metros. O desenvolvemento desta materia do Máster que organiza o Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía da USC, organizouse a bordo do barco en dúas quendas de tres días cada unha, nas que os dez alumnos/as realizan a bordo todas as actividades correspondentes a unha campaña oceanográfica de bentos profundo. A USC e a Consellaría do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a realización destas actividades docentes a bordo do B/S “IRMÁNS GARCIA NODAL” de 39 metros de eslora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2013.