Ampliado o prazo de matrícula do curso de ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’
O prazo de matrícula do curso ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ amplíase ata o 22 de abril. Esta é a unha acción formativa de libre configuración do Módulo Jean Monnet que promove o Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI).
Este curso dedicado ao goberno corporativo e responsabilidade social das empresas no marco da Unión Europea abarcará do día 22 ao 30 de abril na Facultade de Dereito, en horario de tarde. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web do CERGI.