Ir o contido principal

Un centenar de estudantes da USC participan na peregrinación que organiza Special Olympics

Un centenar de estudantes da USC participan como voluntarios nunha peregrinación organizada por Special Olympics na que 515 persoas con discapacidade intelectual están a realizar o Camiño de Santiago polas súas sete rutas. No marco desta actividade, a USC organiza esta fin de semana, de chegada á cidade, unhas xornadas sobre discapacidade e inclusión social, que comezarán o sábado 19 na Facultade de Filosofía coa conferencia ‘Discapacidade e Participación Social: marco conceptual e tipoloxías da acción voluntaria’ e continuarán con outras charlas sobre os proxectos da asociación Special Olympics Galicia, en especial para este ano xacobeo. A xornada do domingo dedicarase enteiramente a xuntanzas, visitas por Compostela e actividades de ocio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2010.