O Cergi organiza dous cursos sobre integración europea e dereito privado e goberno corporativo e responsabilidade social das empresas
O Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) pechará este venres 28 o prazo de matrícula para os cursos de libre configuración do segundo cuadrimestre do Módulo Jean Monnet sobre ‘Integración europea e dereito privado’ e ‘ Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’. A décimo primeira edición do curso dedicado á integración europea e dereito privado desenvolverase entre os días 17 e 25 de marzo, mentres que o dedicado ao goberno corporativo e responsabilidade social das empresas abarcará do día 22 ao 30 de abril, en ambos dos dous casos na Facultade de Dereito, en horario de tarde. Ambos encontros convocarán a expertos das universidade de Vigo, A Coruña, Valladolid e Santiago de Compostela, así como do Instituto Galego de Consumo e Consello Galego da Competencia. Tocaranse temas relacionados cos aspectos hipotecarios da protección do consumidor, produtos financeiros, as preferentes, as cláusulas abusivas, o crédito ao consumo, sociedades mercantís, a responsabilidade social empresarial ou bo goberno nas fundacións, entre outras cuestións. O programa deseñado rematará cun taller sobre financiamento europeo para PEMES, a modo de módulo independente dos cursos. O alumnado interesado poderá realizar a matrícula a través da Secretaría Virtual ou nas Unidades de Xestión Académicas (UXA) da USC. Os programas de ambas propostas formativas pódense consultar na web www.usc.es/crgi. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos correos electrónicos cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es) ou elena.carrillo [at] usc.es (elena[dot]carrillo[at]usc[dot]es).