Ir o contido principal

Clausura conxunta dos cinco másters do Departamento de Estomatoloxía da USC

Os cinco másters do Departamento de Estomatoloxía que desenvolve a Universidade de Santiago celebran este sábado 14, ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, un acto conxunto de clausura de curso que presidirá o reitor da USC, Juan Casares Long. Asistirán os directores dos másters en Rehabilitación Oral mediante Implantes e Próteses dentais, Urbano Santana Penín; en Periodoncia, Juan Blanco Carrión; en Odontoloxía práctica diaria, Andrés Blanco Carrión; o Internacional Teórico-Práctico en Endodoncia Avanzada, Purificación Varela Patiño; e de Medicina Oral, Cirurxía e Implantoloxía, José Manuel Gándara Rey. No acto intervirán, ademais dos estudantes Jesús Balo Otero e Ángela Méndez Gutiérrez, o director do departamento de Estomatoloxía, Juan Seoane; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero; e o presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña, José María Suárez Quintanilla.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2012.