Ir o contido principal

Clausúrase a XXIV edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia

O acto solemne será este venres 29 ás 12.00 horas en Filosofía

Os 90 estudantes que participaron este ano nos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia asisten o venres 29 ao acto de clausura desta vixésimo cuarta edición, que terá lugar ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Na clausura participarán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán Villa; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez Blanco; e o director dos Cursos de Verán, Francisco Fernández Rei. O alumnado que este ano asistiu aos cursos procedía de Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Croacia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, India, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia, Taiwan e Ucraína. Polas vinte e catro edicións dos cursos, que organizan conxuntamente a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pasaron xa máis de 2.300 estudantes chegados de todas as partes do mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.07.2011.