Ir o contido principal

Comeza en Dereito o curso de Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas

O noveno curso de ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ celebrarase do 15 ao 22 de novembro organizado polo Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) e o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI). O programa desenvolverase na Facultade de Dereito en horario de tarde. Goberno corporativo, responsabilidade social e aspectos transversais son os tres bloques temáticos arredor das que se desenvolverán os relatorios programados e que impartirán estudosos e investigadores das universidades de León, Alcalá de Henares do País Vasco e da propia USC. Para acadar máis información sobre o programa do seminario, as persoas interesadas poden dirixirse á web do curso. O acto de benvida do curso celebrarase este venres 15 ás 17.00 horas na Aula 14 da Facultade de Dereito. Intervirán o director do CERGI, o profesor Ángel Fernández-Albor; a técnica do CEDE, Elena Pérez Carrillo; e o integrante do CERGi, Marcos Torres. A partir das 18.30 horas, Elena Pérez presentará un relatorio sobre ‘A organización xurídica da empresa. Bo goberno das entidades mercantís. Influencias estadounidenses e europeas’. O luns 18, ás 16.30 horas comezará a quenda de intervencións agrupada arredor das previsións de financiamento da UE para PEMES para o período 2014-2020. Intervirán representantes da Comisión Europea, do Instituto Galego de Promoción Económica e coa colaboración da Cátedra de Traballo Autónomo da USC. O programa continuará o martes e o mércores abordando cuestións relacionadas co Bo Goberno, o xoves tratando a responsabilidade social e o venres aspectos transversais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.11.2013.