Ir o contido principal

Comeza na USC o Master en Literatura Infantil e Xuvenil

A 1ª edición do Master en Literatura Infantil e Xuvenil como achega á formación e desenvolvemento de hábitos lectores, organizado polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Familias Mundi, inaugurase o luns, día 12, ás 12 horas, nun acto que se celebrará na Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos de Santiago) e que estará presidio polo Vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto Javier López López

O obxectivo deste Máster, de 700 horas lectivas e dirixido polas profesoras Blanca-Ana Roig e Ana Porto, é formar profesionais especializados en Literatura Infantil e Xuvenil. O cadro docente fórmano profesorado experto en Literatura Infantil e Xuvenil, Educación e Psicoloxía e escritores/as de recoñecido prestixio.

A actividade docente deste curso iníciase, o martes día 13 de xaneiro, con contidos relacionados coa a evolución psicolóxica e a madurez lectora dos discentes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.01.2015.