Ir o contido principal

Unha conferencia rememora este mércores a vida e obra de Ángela Ruiz Robles, inventora precursora do libro electrónico

Impartiraa a súa neta e socia de Alumni USC Mª Luisa Souto Grandal

Ángela Ruiz Robles, mestra e escritora, inventou unha enciclopedia mecánica considerada un antecedente do que logo chegaría a ser o libro electrónico. Alumni USC recupera a súa figura a través da súa neta Mª Luisa Souto Grandal, socia desta Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, que impartirá este mércores 4 unha charla sobre o legado da súa avoa. A intervención está prevista para as 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).

Con esta intervención, que dará conta da vida e obra dunha muller considerada pioneira en múltiples aspectos, Alumni quere contribuír a dar unha maior visibilidade a aquelas mulleres que desenvolveron traballos importantes nos ámbitos da cultura, a investigación e outras esferas con repercusión social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2018.