Ir o contido principal

Novo curso de fotografía sobre teorías, tendencias e escolas contemporáneas

Coa fin de ter unha visión crítica e actual da fotografía na era dixital, o Espazo de Fotografía da USC organiza a finais deste mes e comezos de abril un novo curso, neste caso cun perfil máis teórico.

As persoas participantes coñecerán os autores máis relevantes desde o inicio do posmodernismo ata a actualidade, as escolas e tendencias contemporáneas, as teorías máis relevantes, a crítica fotográfica e a fotografía documental.

Cunha duración de 16 horas a repartir en oito tardes, o curso desenvolverase na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2016.