Ir o contido principal

Dereito dedícalle o número extraordinario da súa revista á profesora Carolina Rovira

A sala de xuntas da Facultade de Dereito da USC acollerá este venres 8 ás 18:30 horas a presentación do número extraordinario da Revista Dereito en homenaxe a María Carolina Rovira y Flórez de Quiñones, falecida en 2012. Ata a súa xubilación, Carolina Rovira era profesora titular de Filosofía do Dereito e durante 16 anos exerceu como secretaria da facultade, que agora lle rende homenaxe no volume que se presenta este venres e no que participan docentes das máis variadas disciplinas xurídicas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2013.