Ir o contido principal

‘Diálogo coa xustiza’ reúne na Facultade de Dereito a maxistrados e xuíces de toda España

O encontro está promovido pola Área de Dereito Procesual e a Facultade de Dereito

Diálogos coa xustiza é o lema dunha xornada que este mércores 26 e o xoves 27 reunirá na Facultade de Dereito da USC a maxistrados e xuíces de toda España nun encontro que organiza a Área de Dereito Procesual e a Facultade de Dereito da USC. Á apertura do curso, este mércores 26 ás 17.45 horas, seguiralle unha mesa de debate sobre a reforma penal, na que intervirán o presidente da Audiencia provincial de Barcelona, Pablo Llanera, e o maxistrado da Audiencia Nacional, Enrique López, aos que moderará o maxistrado da Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José A. Ballestero. A independencia xudicial será o tema que abra a xornada do xoves 27, coa participación do presidente da Asociación Profesional da Maxistratura, Jesús Chamorro; e do maxistrado e vicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Fernando de Rosa, e o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho, en calidade de moderador. Seguiralle a segunda mesa do día, dedicada á modernización da Xustiza, coas intervencións do vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar e do decano dos xuíces de Valencia, Pedro Viguer, moderados pola catedrática da USC Raquel Castillejo. O maxistrado da Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, Antonio García, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra, Juan Manuel Fernández abordarán o futuro da xustiza, coa moderación do maxistrado da Audiencia provincial de Madrid, Juan Pablo González. Para rematar, a xornada referirase á nova oficina xudicial da man do vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Miguel Collado, do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia, Juan Martínez Moya, e do profesor da USC e maxistrado suplente da Audiencia Provincial da Coruña, Bernardino Varela, que moderará a mesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2011.